venres 24 de maio de 2013
luns 18 de xuño de 2012
Conferencia de prensa de CCOO e UGT
CCOO e UGT de Vigo presentaron aos medios de comunicación a convocatoria de manifestación do próximo mércores, día 20
convocatoria de mobilización
A secretaria de organización de Comisións Obreiras de Vigo, Amelia Pérez, e o secretario comarcal da UGT, Antonio Juste, presentaron hoxe aos medios de comunicación a convocatoria da manifestación do mércores, día 20, contra a Reforma Laboral e as políticas inxustas, ineficaces e antisociais que o goberno de Rajoy está aplicando.
A manifestación partirá ás 20:00 horas dende o cruzamento de Vía Norte con Urzaiz e rematará diante do edificio administrativo da Xunta.
Amelia Pérez fixo fincapé na necesidade de que toda a cidadanía asista ás mobilizacións para rexeitar decididamente as políticas que tanto o goberno central de Rajoy como o da Xunta de Galicia de Feijoo están a aplicar contra a inmensa maioría da cidadanía. "Gobernan para unha minoría, aplican recortes á maioría, lexislan contra o pobo".
Non é o euro o que está en perigo. O que está en perigo é o estado do benestar, as conquistas sociais, os dereitos laborais, os principios democráticos, a xustiza… Por iso, para cambiar as cousas NON CALES! DEFENDE OS TEUS DEREITOS.
CCOO e UGT de Vigo presentaron aos medios de comunicación a convocatoria de manifestación do próximo mércores, día 20