domingo 19 de maio de 2013
luns 30 de xullo de 2012
Mais de 50.000 empregadas e empregados públicos participaron nas manifestacións celebradas no día de onte en toda Galicia en contra dos recortes de Rajoy
As rúas foron un clamor contra a políticas de recortes impostas polo Goberno de Rajoy e en defensa dos servizos públicos e do Estado de Benestar
Manifestación en Vigo
Mais de 50.000 empregados e empregadas públicos manifestáronse no día de onte en toda Galicia, baixo o lema "NON AO SAQUEO DO POBO. TEMOS QUE IMPEDIR QUE NOS ROUBEN", e convocados por a totalidade das forzas sindicais da nosa comunidade autónoma.
Os manifestantes corearon consigna como "O público é servizo, o privado beneficio", "É unha indecencia, acabar coa dependencia", "Que pouca dignidade, recortar a sanidade" ou "non ten perdón, chimpar a educación". Tampouco faltou un clamor pedindo a dimisión de Mariano Rajoy.
As manifestacións percorreron as principais rúas das cidades galegas en defensa dos servizos públicos, de calidade e en igualdade de condicións para todos os cidadáns e cidadás.
Porque a sanidade, a educación e os servizos sociais son uns dereitos de todos e todas e deben ser defendidos, fronte ás políticas neoliberais que non buscan mais que favorecer a voracidade dos mercados e especuladores, deixando á cidadanía nunha situación delicada, con recortes constantes de dereitos sociais.
As organizacións convocantes, amosan a súa satisfacción polo seguimento das mobilizacións e animan ao conxunto da cidadanía a unirse contra uns recortes que empobrecen ao país no seu conxunto e ás persoas individualmente.
As organizacións sindicais anuncian un novo calendario de mobilizacións para os meses de agosto e setembro.
No mes de agosto haberá concentracións díante da Delegación e Subdelegacións do Goberno de todo Galicia, os venres 3, 24 e 31 ás 12:00 hrs., coincidindo coa celebración dos correpondentes consellos de Ministros. A partires do 6 de setembro, as concentracións volverán producirse nas portas dos centros de traballo.
Tamén está prevista unha gran manifestación o sábado 8 de setembro en Santiago de Compostela, para a que sairán autobuses das distintas comarcas de Galicia.
Os convocantes fan un novo chamamento a continúar na defensa dos servizos públicos e do Estado do benestar, como garantes da redistribución da riqueza en igualdade de condicións e solidariamente.
Mais de 50.000 empregadas e empregados públicos participaron nas manifestacións celebradas no día de onte en toda Galicia en contra dos recortes de Rajoy
Áreas temáticas relacionadas
Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Ensino - Actualidade
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Sanidade e Sectores Sociosanitarios - Actualidade
O teu sindicato - Federacións Nacionais - Servizos á Cidadanía - Actualidade