Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais

Política de privacidade (LOPD)

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

A Confederación Sindical de Comisións Obreiras (en diante CSCCOO), con CIF: G-28496131 e domicilio en r/ Fernández de la Hoz n.º 12, 28010 Madrid, como titular da páxina que vostede está consultando, www.galicia.ccoo.es, quere informar mediante esta declaración a todas as persoas visitantes de cal é a nosa política de mantemento da privacidade e tratamento dos datos de carácter persoal que facilitan de forma libre e voluntaria todos os usuarios e usuarias.

CSCCOO desexa informar a vostede de que será responsable dos ficheiros automatizados derivados da inscrición ou consignación, por calquera dos usuarios ou visitantes desta páxina e que decidan cubrir algún dos formularios existentes nela. No entanto, en cada unha da toma de datos que se realice, indicaráselle a través da correspondente cláusula a información pertinente conforme ao establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro de protección de datos persoais.

CSCCOO adoptará as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar así a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, consonte o establecido polo Regulamento de Medidas de Seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, aprobado polo Real decreto 994/1999, do 11 de xullo.

As persoas usuarias teñen recoñecidos e poderán exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición, conforme ao indicado en cada unha das cláusulas do formulario correspondente, podendo dirixirse en todo caso a: Confederación Sindical de CCOO, r/ Fernández de la Hoz 12, 28010 Madrid, indicando sempre a referencia «Protección de Datos», ou ben a través do enderezo lopd@ccoo.es.

A solicitude, que sempre levará acreditada a identidade, deberá conter nome, apelidos da persoa interesada, fotocopia do DNI, petición en que se concreta a solicitude, domicilio para os efectos de notificacións, data e sinatura de quen solicita e documentos acreditativos da petición que formula. Se a solicitude non reúne os requisitos especificados, requirirase a súa corrección. Respecto ao dereito de acceso, unicamente se denegará cando sexa exercitado nun intervalo inferior a doce meses e non se acredite ningún interese lexítimo ao efecto.

Se desexa utilizar os nosos modelos de exercicio de dereitos, pode descargalos nas seguintes ligazóns: Modelo de exercicio de dereito de cancelación, Modelo de exercicio de dereito de acceso e Modelo de exercicio dereito de rectificación.

Todos os subscritores/as de publicacións recibirán, en cada un dos envíos, unha cláusula informativa na que se lles indicará a posibilidade de manifestaren o seu desexo de non recibir máis información, para o que poderán dirixir un correo electrónico ao enderezo indicado. En todo caso sempre poderá dirixirse a lopd@ccoo.es.

A C. S. de CCOO pode utilizar cookies cando un usuario navega por esta páxina web, co obxectivo de identificar e mellorar a navegación e reforzar a seguridade. A utilización destas cookies non proporciona de seu nin nomes de usuario nin ningún dato de carácter persoal, nin pode ler datos do seu disco duro e permanece unicamente mentres se mantén aberta a sesión, non se almacenan no seu ordenador. Doutra banda, a persoa usuaria sempre ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado pola pantalla.

Na páxina www.galicia.ccoo.es pode atopar ligazóns de interese a outros sitios web. A CSCCOO non asume responsabilidade ningunha sobre estas ligazóns, polo que o usuario/a accederá baixo as condicións de uso que rexan as ditas páxinas.

CSCCOO pode modificar esta política de privacidade en función das esixencias lexislativas, normativas ou instrucións da Axencia de Protección de Datos, así como calquera cambio na nosa organización que nos obrigue facelo. As persoas usuarias que teñan algunha dúbida, cuestión ou suxestión sobre a nosa política de privacidade e tratamento de datos, poden dirixirse a través de correo electrónico ao seguinte enderezo: lopd@ccoo.es.

Política de privacidade (LOPD)

Documentos relacionados

Formulario LOPD: Dereito de acceso
Formulario LOPD: Dereito de rectificación
Formulario LOPD: Dereito de cancelación

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia