Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
ESIXE os teus dereitos. ESIXE CCOO!

mércores 9 de maio de 2012

É a primeira vez que ocorre nos últimos 25 anos

O CSIr critica a exclusión dos axentes sociais do Cumio Ibérico

O Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal (CSIr) denuncia que, por vez primeira en 25 anos, o Cumio Ibérico que terá lugar no Porto (Portugal) deixa fóra os axentes sociais, isto é, o propio CSIr, o Eixo Atlántico ou a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

O CSIr denuncia que o Cumio se organizou de xeito «semiclandestino», e unicamente se informou de que tratará sobre os fondos comunitarios.

Este órgano do que forman parte CCOO e UGT de Galicia, e as organizacións portuguesas CGTP-IN (que ten a presidencia de quenda) e UGT-Portugal, denuncian que as autoridades dos dous Estados «nin sequera responderon» as peticións do Consello. O presidente de quenda do CSIr, Adão Mendes, sinala que a intención era coñecer se polo menos sería posible entregarlles aos participantes do Cumio documentos e propostas de solución para moitos dos problemas que afectan os traballadores e traballadoras, empresas e estudantado universitario transfronteirizo, e que van na dirección que eliminar obstáculos á libre circulación.

Por último, Mendes lamenta que nesta ocasión o presidente de España e o primeiro ministro portugués rexeitasen a participación tanto das comunidades autónomas fronteirizas con Portugal, como das rexións lusas veciñas do Estado español, «rexeitando así as preocupacións e achegas que poden e queren dar para o desenvolvemento da Península Ibérica», conclúe o presidente do CSIr.



Santiago de Compostela, 9 de maio de 2012

Gabinete de Comunicación 
Horario: luns a venres, 9-14h e 17-20h
686 469 993 / 981 551 867 | xuz[arroba]galicia.ccoo.es 
+ Máis información en: http://www.galicia.ccoo.es

O CSIr critica a exclusión dos axentes sociais do Cumio Ibérico

mércores 9 de maio de 2012

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Resumo de prensa
  • FOREM Galicia: formación para o emprego
    • A auga é un dereito - a túa sinatura é importante
    • 10.º Congreso do S. N. de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Queres ser delegado?
  • Atlantis Seguros - Promoción vida
  • Autoemprego
  • Imos Traballar! (2)
  • A pegada dos avós
    • Fundación Paz e Solidariedade
    • Fundación 10 de Marzo