Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
ESIXE os teus dereitos. ESIXE CCOO!

mércores 1 de agosto de 2012

Concentracións unitarias en agosto frente aos recortes do goberno do PP

Os venres 3, 10, 24 e 31 de agosto celebraranse concentracións fronte ás sedes da Delegación do Goberno na Coruña (12:00), das Subdelegacións do Goberno en Lugo (12:00), Ourense (12:00) e Pontevedra (12:00), fronte ás sedes da Xunta en Vigo (11:00) e Ferrol (12:30) e na praza de Galicia e Santiago de Compostela (12:00), contra os recortes do goberno do PP. As concentracións están convocadas unitariamente por CIG, UGT e CCOO, e son o anticipo doutras grandes mobilizacións que se convocarán en setembro ante a gravidade da situación á que nos está abocando o PP.

Manifesto da convocatoria unitaria CIG,UGT e CCOO das concentracións

Manifesto da convocatoria unitaria CIG,UGT e CCOO das concentracións

Os recortes aprobados o 13 de xullo polo Goberno de Mariano Rajoy supoñen unha perda de dereitos sen precedentes na historia da democracia e van facer aínda máis precarias as condicións de vida e traballo de case dous millóns de galegos e galegas:

- Provocan un agravamento da recesión e o peche de moitas empresas, a destrución de máis de 80.000 empregos en Galicia nos próximos dous anos e o aumento da taxa de paro ata o 26%.

- Diminúen entre o 5% e o 7% o salario dos 200.000 empregados e empregadas públicos galegos, agravando a perda do 12% do salario real que acumulan desde 2010. O aumento da xornada, a
eliminación de dereitos e os cambios organizativos ameazan o futuro do persoal interino dos servizos públicos e deteriora a calidade do servizo.

- Reducen a protección aos 270.000 parados e paradas galegos e, especialmente, aos 147.000 que cobran prestacións tanto na contía como no acceso a elas.

- Agravan a situación das 150.000 persoas dependentes que hai en Galicia e das súas familias ao recortar os dereitos na atención á dependencia e poñer en perigo o conxunto do sistema.

- As 820.000 persoas traballadoras e as 731.000 pensionistas galegas perden poder adquisitivo polo aumento da inflación derivado da suba do IVE.

Por riba, reducen dous puntos as cotizacións empresariais á seguridade social para, ademais de beneficiar as empresas, xustificar no futuro un novo recorte nas pensións.

HAI QUE PARALOS

MOBILÍZATE

Concentracións unitarias en agosto frente aos recortes do goberno do PP

mércores 1 de agosto de 2012

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Resumo de prensa
  • FOREM Galicia: formación para o emprego
    • A auga é un dereito - a túa sinatura é importante
    • 10.º Congreso do S. N. de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Queres ser delegado?
  • Atlantis Seguros - Promoción vida
  • Autoemprego
  • Imos Traballar! (2)
  • A pegada dos avós
    • Fundación Paz e Solidariedade
    • Fundación 10 de Marzo