Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asina contra a criminalización do movemento sindical

venres 13 de xullo de 2012

Milleiros de empregadas e empregados públicos berran contra os recortes en Galicia

  • CCOO chama á mobilización masiva de toda a cidadanía o vindeiro xoves 19 de xullo

Milleiros de empregadas e empregados públicos de Galicia saíron á rúa esta mañá concentrándose diante dos centros de traballo das administracións públicas para protestaren polos recortes que supoñen as novas medidas aprobadas polo Goberno de Rajoy.

manifestación en Ourense

manifestación en Ourense

Ao berro de "mans arriba, isto é un atraco", un dos máis coreados nas concentracións, milleiros de empregados públicos de Galicia (centos de miles en toda España) fixeron pública a súa indignación, durante as pausas regulamentarias de media mañá, acudindo ás concentracións convocadas polos sindicatos de maior representación no sector e manifestar así o seu rexeitamento aos "brutais recortes" do Goberno.


Estes recortes no ámbito dos servizos públicos concrétanse na supresión da paga extra de Nadal, a redución dos días de libre disposición, supresión do complemento salarial nas situacións de incapacidade temporal e baixa médica e, sobre todo, os previsibles despedimentos que se aveciñan no sector público.


As concentración foron sucedéndose a distintas horas da mañá nos distintos centros de traballo, entre os sons de pitos e bucinas e berridos de "o vindeiro parado, que sexa un deputado", "acabemos con eles, antes de que acaben connosco", "a ti que estás mirando, tamén che están roubando" ou "isto que pasa é por un goberno facha". A indignación das persoas concentrada levou a que, en moitos caso, se cortaran as rúas, ou que as concentracións derivaran en manifestacións, ainda que non se produciron incidentes coas forzas de orde pública.


Estas concentracións son o inicio das mobilizacións que os sindicatos convocan por mor das medidas do Goberno que están desmantelando no só o xa maltreito Estado do benestar, senón o Estado con maiusculas por medio da imposición de recortes que atacan o corazón das políticas públicas.

CCOO fai un chamamento ao conxunto da cidadanía para que participe nas manifestacións convocadas para o vindeiro día 19 de xullo nas sete cidades galegas e advirte que empregará todos os instrumentos democráticos ao seu alcance para conseguir a rectificación destas políticas de recortes.

Milleiros de empregadas e empregados públicos berran contra os recortes en Galicia

venres 13 de xullo de 2012

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Mariña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade