Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asina contra a criminalización do movemento sindical

xoves 28 de xuño de 2012

O sindicato denunciou esta mañá o impacto negativo que terán os recortes cara ao próximo curso escolar

CCOO-Ensino realizará asembleas o 2 de xullo para estudar accións contra o «ataque» ao profesorado substituto

A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Ensino) convoca o profesorado substituto e interino a participar nas asembleas que vai organizar o sindicato o vindeiro luns, día 2 de xullo, ás 11:30, nos seus locais. Será nas sedes comarcais de CCOO na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

José Fuentes e Raquel Parada

José Fuentes e Raquel Parada

Nestas xuntanzas, o sindicato analizará co profesorado a «brutal agresión» da Consellaría de Educación a estes colectivos, tanto en termos de estabilidade de emprego como das condicións econonómicas. Para CCOO, cómpre dar unha «resposta contundente».

Xa esta mañá, CCOO-Ensino denunciou en conferencia de prensa a actitude «ditatorial» de Educación, que constantemente se nega a negociar e basea a súa actuación no «ataque» aos colectivos máis débiles e na «ruptura dos acordos». Precisamente, o responsable de Pública do sindicato, José Fuentes, lamentou que a Consellaría «botou abaixo os principais acordos que había asinados».

Por último, CCOO-Ensino chama o resto de organizacións sindicais a actuar de xeito «unitario» contra este «ataque» ás condicións laborais do profesorado galego.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2012

Gabinete de Comunicación 
Horario de verán: luns a venres, 8-15h
686 469 993 / 981 551 867 | xuz[arroba]galicia.ccoo.es 
+ Máis información en: http://www.galicia.ccoo.es

CCOO-Ensino realizará asembleas o 2 de xullo para estudar accións contra o «ataque» ao profesorado substituto

xoves 28 de xuño de 2012

Documentos relacionados

Recortes para o curso 2012-2013 [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade