domingo 26 de maio de 2013
martes 26 de xuño de 2012
Continúan as mobilizacións de Navantia
Esta mañá os traballadores e traballadoras dos estaleiros de Navantia en Fene e Ferrol, así como das industrias auxiliares, manifestáronse para reivindicar maior carga de traballo.
Dúas instantáneas da manifestación de hoxe
A decisión foi aprobada hai poucos días en asemblea. A próxima acción reivindicativa terá lugar a próxima semana, o día 4 de xullo, coincidindo coa botadora do segundo dos dous buques que Navantia constrúe para Australia.
Ignacio Naveiras, voceiro de CCOO no comité de empresa, sinala que a botadura será un «fito» para a construción naval da comarca, e que servirá tamén para demostrar que o persoal dos estaleiros cumpre coas súas obrigas. Por esa razón, esixe que as Administracións cumpran tamén co seu cometido, isto é, procurar solucións.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012
Gabinete de Comunicación
Horario de verán: luns a venres, 8-15h
686 469 993 / 981 551 867 | xuz[arroba]galicia.ccoo.es
+ Máis información en: http://www.galicia.ccoo.es
Continúan as mobilizacións de Navantia
Áreas temáticas relacionadas
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade