Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
ESIXE os teus dereitos. ESIXE CCOO!

xoves 28 de xuño de 2012

Concentracións en toda Galicia

CCOO e UGT organizaron unha xornada de loita no sector público estatal

CCOO e UGT convocaron para hoxe, día 28 de xuño, unha xornada de loita no sector público estatal para continuar a denunciar a «grave deterioración» do estado do benestar, posto en risco co «desmantelamento sistemático e sen límite» do sector público estatal.

Xornada de loita

Xornada de loita

Os sectores públicos convocados inclúen a Administración Xeral do Estado, Xustiza, Sociedade Estatal de Correos S.A., portos dependentes do Estado, estiba, Tragsa e demais empresas do sector público estatal.

Hoxe houbo concentracións na Delegación do Goberno (A Coruña) e nas Subdelegacións de Lugo e Pontevedra, todas ás 11 horas, mentres que ás 10:30 será diante da Subdelegación de Ourense. Haberá tamén concentración en Ferrol ás 11 horas na praza do Arsenal, e en Vigo ás 10 diante do edificio de Correos. Cabe lembrar que o persoal de Correos leva varias semanas xa de folga a media xornada, e, desde o pasado día 18, a xornada completa os luns e venres.

Os motivos

Os dous sindicatos sinalan que a política levada a cabo desde a UE a través do Goberno baséase en medidas contrarias á esencia do público.

Ata agora, a principal misión do sector público estatal era a prestación do servizo á cidadanía, velando pola igualdade e a cohesión territorial na sociedade española a través do servizo público.

Agora, só se lle esixe ao sector público que sexa rendible economicamente, pero ao non dotar de orzamento unha empresa pública ou organismo, ditamínase a súa desaparición en prol do seu paso a mans privadas a través de adxudicacións e concursos.

Desde CCOO e UGT cren necesario que a cidadanía sexa consciente do roubo ao estado do benestar español e aos dereitos cidadáns que supoñen estas privatizacións e externalizacións: cada vez que privatizan un servizo público, «é coma se nos roubasen parte do noso patrimonio cidadán: o noso estado de benestar».

Estas políticas deben ter unha resposta continuada e contundente dos traballadores e traballadoras e de toda a cidadanía. Por esta razón, CCOO e UGT organizaron a xornada de loita, que se centrou nos seguintes obxectivos:
- Defender os servizos e sectores públicos
- Dignificar as empregadas e empregados públicos, así como as empresas públicas.
- Denunciar os despedimentos e faltas de pagamento das Administracións públicas.
- Defender a negociación colectiva e os seus convenios e acordos.
- Loitar contra a reforma laboral e os recortes sociais.
- Defender o papel dos servizos públicos na igualdade e a cohesión social.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2012

Gabinete de Comunicación 
Horario de verán: luns a venres, 8-15h
686 469 993 / 981 551 867 | xuz[arroba]galicia.ccoo.es 
+ Máis información en: http://www.galicia.ccoo.es




CCOO e UGT organizaron unha xornada de loita no sector público estatal

xoves 28 de xuño de 2012

Documentos relacionados

Díptico informativo [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade