venres 24 de maio de 2013
venres 15 de xuño de 2012
Convocadas por CCOO e UGT
Concentracións diante das sedes da Xunta contra os recortes e en defensa dos servizos públicos
CCOO e UGT protagonizaron onte concentracións diante de diferentes sedes da Xunta en toda Galicia para protestar contra os recortes e defender os servizos públicos.
Dous momentos da concentración diante do edificio administrativo da Xunta en Ourense
CCOO e UGT denuncian que as políticas de «austeridade» dos distintos Gobernos están levando á destrución do estado do benestar e ao desmantelamento dos servizos e empregos públicos. Neste contexto, a deterioración dos servizos públicos provocará un gran prexuízo para a maioría social.
Baixo o lema «#DefendeoPúblico», houbo accións reivindicativas en todas as comunidades autónomas. As críticas á reforma laboral e a esixencia de situar a creación de emprego como prioridade para a recuperación económica serán dous dos eixes das proclamas.
En Galicia houbo concentracións pola mañá diante da sede central da Xunta, en Santiago de Compostela, e os edificios administrativos da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Tamén en Vilagarcía de Arousa diante do INTECTMAR.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2012
Gabinete de Comunicación
Horario de verán: luns a venres, 8-15h
686 469 993 / 981 551 867 | xuz[arroba]galicia.ccoo.es
+ Máis información en: http://www.galicia.ccoo.es
Concentracións diante das sedes da Xunta contra os recortes e en defensa dos servizos públicos
Áreas temáticas relacionadas
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade