Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
ESIXE os teus dereitos. ESIXE CCOO!

martes 12 de xuño de 2012

O comité provincial de Mercadona agradece o apoio de CCOO

O comité de empresa de Mercadona na provincia da Coruña expresoulle á Unión Comarcal de CCOO de Ferrol o seu «apoio incondicional» no caso do despedimento de Alberto, represaliado pola súa implicación na folga xeral do pasado 29 de marzo.

Traballador e empresa chegaron finalmente a un acordo económico «satisfactorio para o compañeiro»,indican desde o comité. Con todo, consideran que iso «non menoscaba o máis mínimo a actitude valente e digna de Alberto», pero son conscientes de que as «presións de todo tipo» que padeceu provocaron que finalmente tomase esa decisión, respectada polo comité.

Para os representantes dos traballadores e traballadoras de Mercadona na provincia, o acordo non tería sido posible sen o apoio recibido, que consideran mostra «da grandeza do movemento obreiro da comarca de Ferrol».

Por último, desde o comité lembran que a petición de readmisión de Alberto era tamén símbolo da loita en defensa dos dereitos laborais de todas as traballadores e traballadoras.


Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

Gabinete de Comunicación 
Horario de verán: luns a venres, 8-15h
686 469 993 / 981 551 867 | xuz[arroba]galicia.ccoo.es 
+ Máis información en: http://www.galicia.ccoo.es


O comité provincial de Mercadona agradece o apoio de CCOO

martes 12 de xuño de 2012

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Resumo de prensa
  • FOREM Galicia: formación para o emprego
    • A auga é un dereito - a túa sinatura é importante
    • 10.º Congreso do S. N. de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Queres ser delegado?
  • Autoemprego
  • Imos Traballar! (2)
  • A pegada dos avós
    • Fundación Paz e Solidariedade
    • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros - Promoción vida