Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
23 e 24 de maio, concentracións noite e día contra a reforma laboral
RSS Séguenos en Facebook Séguenos en Twitter Séguenos en Youtube Séguenos en:

17 de Maio de 2012: Día das Letras Galegas

16.05.2012.

Declaración da Comisión Executiva do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

CCOO-Ensino convoca para mañá un «día de loito pola educación»

16.05.2012.

A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Ensino) convoca para mañá xoves, día 17 de maio, un «día de loito pola educación pública». O motivo é que o Congreso dos Deputados tratará, segundo a orde do día da súa reunión plenaria, a validación ou derrogación do Real decreto lei 14/2012, de medidas urxentes para a racionalización do gasto público no ámbito educativo.

A reforma laboral produce máis paro e recorta dereitos

11.05.2012.

Nos poucos meses que leva en vigor, a reforma laboral unicamente está a producir efectos negativos, segundo se desprende dun estudo elaborado polo Gabinete Económico de CCOO de Galicia.

Cabeceira da manifestación

Multitudinaria manifestación para esixir solucións urxentes para a construción naval da Ría e o futuro industrial de Vigo

12.05.2012.

Vigo acolleu unha multitudinaria manifestación para esixir solucións urxentes para a construción naval na ría de Vigo. A marcha foi convocada polos tres sindicatos maioritarios, CCOO, UGT e CIG, e foi secundada por milleiros de cidadáns e cidadás conscientes da importancia que supón defender un sector estratéxico para a comarca viguesa, unha actividade que representa preto do 30% da súa riqueza económica e dá traballo a 30.000 persoas.

Os pensionistas e xubilados de CCOO desafiaron a chuvia e protestaron diante da sede da Xunta

Pensionistas e xubilados de CCOO protestaron contra o copagamento

09.05.2012.

Preto de 200 pensionistas e xubilados de diferentes localidades galegas concentráronse este mediodía diante da sede central da Xunta de Galicia para manifestaren o seu rexeitamento ao copagamento sanitario.

CCOO logra un resultado histórico nas eleccións sindicais de Eurocen

16.05.2012.

O 15 de maio tiveron lugar as eleccións sindicais no centro de traballo que a empresa de telemercadotecnia Eurocen ten na Coruña. A candidatura de CCOO obtivo 266 dos 863 votos emitidos, co que a representación do sindicato no comité de empresa pasou de catro a sete delegadas, un incremento do 75%. Ademais, CCOO pasa de terceira a segunda forza sindical na empresa.

CCOO gañou as eleccións sindicais na antiga Sykes en Lugo

16.05.2012.

Esta semana tiveron lugar as eleccións sindicais de Abante no centro de Lugo, a antiga Sykes. CCOO obtivo dez representantes por tres da UGT.

Desconvocada a concentración de hoxe no Mercadona da Gándara, en Ferrol

15.05.2012.

A Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo (FECOHT) de CCOO de Galicia, así como a Federación estatal, comunican que queda desconvocada a concentración prevista para hoxe martes, día 15 de maio, ás 19 horas, diante do Mercadona da Gándara, en Ferrol.

O CSIr critica a exclusión dos axentes sociais do Cumio Ibérico

09.05.2012.

O Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal (CSIr) denuncia que, por vez primeira en 25 anos, o Cumio Ibérico que terá lugar no Porto (Portugal) deixa fóra os axentes sociais, isto é, o propio CSIr, o Eixo Atlántico ou a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

As modernas instalacións substitúen as antigas de Oleiros

Inaugurada a nova sede de FOREM na Coruña

07.05.2012.

Hoxe tivo lugar a inauguración da nova sede de FOREM na Coruña, que substitúe a antiga de Oleiros. AS novas instalacións están situadas no Poítico da Grela, na Rúa Ermida 46-48 (entrada por Galileo Galilei 64).