Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais
Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

CCOO mellora a súa representatividade en Vegalsa

13.07.2016.

​Esta semana tiveron lugar en Oroso as eleccións sindicais de Vegalsa, plataforma loxística de Eroski. Nestes comicios, CCOO mellorou a súa representación, sumando un representante máis no comité á custa da UGT. No novo comité a UGT queda con 4 representantes (tiña 5), CCOO gaña un e sobe a 3, mentres que FETICO se mantén con dous.

CCOO logrou a maioría absoluta nestas eleccións

CCOO logra a maioría absoluta nas eleccións ao comité provincial de Tragsatec na Coruña

  • O sindicato ve nestes «magníficos» resultados un «recoñecemento» ao traballo realizado na loita contra o ERE do Grupo Tragsa
10.06.2016.

A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou a maioría absoluta nas eleccións ao comité provincial de Tragsatec (Grupo Tragsa) na Coruña. A estas eleccións estaban chamadas a participar 279 persoas que, de maneira maioritaria, outorgaron a súa confianza a Comisións Obreiras.

CCOO gañou as eleccións sindicais nas fundacións sanitarias

28.04.2016.

CCOO gañou as eleccións sindicais nas fundacións sanitarias. O sindicato non só revalidou a súa maioría, senón que, ademais, incrementou a representación.

CCOO Servizos gaña as eleccións en Egasa XXI A coruña e revalida a súa maioría

20.04.2016.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais en Egasa XXI. A candidatura proposta polo sindicato logrou os cinco representantes que se escollían, tres delegadas e dous delegados.

CCOO-Servizos gaña as eleccións no 'contact center' de HP da Coruña

31.03.2016.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais no 'contact center' de HP da Coruña. A candidatura presentada por este sindicato logrou tres representantes, mentres que a CIG quedou con dous.

CCOO mellora resultados

CCOO-Servizos gaña as eleccións en Lidl Pontevedra

09.03.2016.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais en Lidl Pontevedra. A candidatura presentada polo sindicato logrou cinco representantes (tres no colexio de especialistas e dous no de técnicos). Adianta, polo tanto, a CIG, que ficou con catro.

CCOO-Servizos gaña as eleccións en Supermercados Gadis (Ecomás) en Santiago-Barbanza

19.02.2016.

No día de onte celebráronse eleccións sindicais en Supermercados Gadis (Ecomás) obtendo CCOO seis delegados dun total de nove, e USO tres. O resultado nas anteriores eleccións foi de sete e dous, respectivamente.

CARTOGAL e VICUSGRAF

CCOO gaña as eleccións sindicais en CARTOGAL, onde obtén catro de cinco representantes, e en VICUSGRAF cos tres que se elixían

12.11.2015.

Ambas as empresas do sector de papel e gráficas da Pobra do Caramiñal e Vigo, respectivamente, realizaron o pasado mércores, 11 de novembro, as eleccións sindicais para elixir un comité de cinco representantes CARTOGAL e tres delegados VICUSGRAF. CCOO obtivo catro representantes na primeira e os tres da segunda.

Oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela

CCOO gaña as eleccións na oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela

  • O sindicato mantén a maioría da representación no comité provincial do banco
16.06.2016.

A Federación de Servizos de CCOO gaña as eleccións na oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela. Como xa aconteceu catro anos atrás, a candidatura presentada por Comisións conseguiu dous representantes no comité de empresa, fronte a dous de ASCA e un da UGT, que entra no comité á custa da CSICA. Ademais, CCOO foi o sindicato máis votado nuns comicios en que participou a totalidade do persoal, polo que manterá a presidencia do órgano de representación.

Eleccións sindicais en ENCE

CCOO gaña as eleccións sindicais nas oficinas de ENCE Pontevedra

  • No grupo de empresas ENCE, CCOO acada así maioría absoluta cun total de doce representantes
08.06.2016.

Este pasado martes tiveron lugar eleccións sindicais parciais nas oficinas de Ence en Pontevedra, como consecuencia da ampliación do cadro de persoal, pasando o comité de empresa de 5 a 9 membros. Xa no anterior proceso electoral CCOO acadara a maioría con catro delegados fronte a un da UGT. Agora correspondía elixir catro novos membros do comité; CCOO conseguiu tres e a UGT un, polo que a composición definitiva deste comité de empresa queda con sete membros para CCOO e dous para UGT.

CCOO revalida a maioría nas eleccións de Cooperativa Las Rías, na Coruña

22.04.2016.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais na Cooperativa Las Rías, na Coruña. A candidatura proposta polo sindicato, a única que se presentou, logrou tres delegados de persoal.

CCOO volve gañar as eleccións na mutua

CCOO-Servizos revalida a maioría nas eleccións da Mutua Gallega na Coruña

07.04.2016.

A Federación de Servizos de CCOO revalidou a súa maioría nas eleccións sindicais da Mutua Gallega na Coruña. Os resultados foron idénticos aos de catro anos atrás, ao lograr Comisións cinco representantes no comité por catro da UGT.

AENA Coruña

CCOO gaña as eleccións sindicais en AENA-Coruña

  • 3 CCOO, 1 UGT, 1 USO (5)
21.03.2016.

O pasado venres, 18 de marzo, celebráronse as eleccións sindicais na empresa AENA da Coruña no sector Aéreo, nas que CCOO obtivo a maioría absoluta da representación do comité de empresa con tres representantes

CCOO gaña as eleccións en Adecco Outsourcing en Vigo

  • Remata un «accidentado» proceso electoral que durou dez meses
26.02.2016.

A Federación de Servizos de CCOO gañou as eleccións sindicais en Adecco Outsourcing en Vigo. Coa vitoria de Comisións remata un proceso que o sindicato cualifica de «accidentado», pois prolongouse case dez meses.

CCOO mellora a representación en Mugatra

CCOO incrementa a súa representatividade en Mugatra na provincia da Coruña

16.02.2016.

O pasado día 12 celebráronse eleccións en Mugatra, proceso no que CCOO-Servizos mellorou a representatividade a pesar da redución de persoal respecto aos anteriores comicios. Precisamente, esta é a razón de que o comité sexa agora provincial.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia