Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia - Compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos
O 10.º Congreso tivo lugar a finais de xaneiro deste ano

Documentos aprobados no 10.º Congreso

01.07.2013.

Xa están ao dispor de todas as persoas interesadas os documentos aprobados no 10.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que tivo lugar a finais de xaneiro deste ano.

Xosé Manuel Sánchez Aguión

Xosé Manuel Sánchez Aguión, único candidato á Secretaría Xeral de CCOO

25.01.2013.

Ás 17:15, o voceiro da Comisión de Candidaturas do 10.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia acaba de comunicarlle ao plenario os resultados do traballo realizado no seo da devandita comisión.

Aprobado o informe-balance da CEN co 80% dos apoios

25.01.2013.

O plenario do Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia acaba de aprobar cun 80% de apoios o informe-balance da Comisión Executiva Nacional (CEN), presentado polo secretario xeral saínte, Xosé Manuel Sánchez Aguión.

O secretario xeral saínte, Xosé Manuel Sánchez Aguión, na lectura do informe-balance

Finaliza a primeira xornada do 10.º Congreso

24.01.2013.

Acaba de finalizar a primeira xornada do 10.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

Mesa presidencial do 10.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia

Aprobado o regulamento do Congreso e constituída a mesa presidencial

  • A mesa dirixirá o sindicato ata a elección dos novos órganos directivos
24.01.2013.

Por ampla maioría, o pleno do 10.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia aprobou o regulamento deste conclave, así como a composición da mesa que o presidirá. Co cesamento de todos os cargos da organización, esta mesa dirixirá o sindicato ata a elección dos novos órganos directivos.

Intervención de Sánchez Aguión no final do Congreso, acompañado pola nova CEN

O Congreso de CCOO de Galicia elixiu unha nova Comisión Executiva Nacional con Sánchez Aguión como secretario xeral

25.01.2013.

O Congreso Nacional de CCOO elixiu hoxe os novos órganos de dirección do sindicato, así como os integrantes das comisións de Control e Garantías, e os delegados e delegadas que representarán a Galicia no Congreso Confederal, que terá lugar o próximo mes de febreiro en Madrid. Durante os vindeiros catro anos, o secretario xeral continuará a ser Xosé Manuel Sánchez Aguión.

O Congreso de CCOO de Galicia insta o sindicato a iniciar con outras organizacións de clase un plan de traballo específico para afrontar a problemática da negociación colectiva

  • Aprobáronse tamén resolucións específicas contra a LOMCE, así como outra por proposta de todas as Secretarías da Muller de CCOO de Galicia
  • O sindicato esixe o indulto de David Reboredo e que se esta medida de graza se adecúe ao delito e non á clase social de quen o solicita
25.01.2013.

O Congreso Nacional de CCOO de Galicia aprobou unha resolución que insta o sindicato a iniciar con outras organizacións de clase un plan de traballo específico para afrontar a problemática da negociación colectiva. Tamén se aprobou un texto por proposta de todas as Secretarías da Muller de CCOO de Galicia, así como outro contra a Lei orgánica de mellora da calidade educativa (LOMCE).

O Congreso Nacional de CCOO aproba os documentos de debate

25.01.2013.

Após o debate das diferentes emendas, procedeuse á votación do conxunto de relatorios e estatutos tanto de CCOO de Galicia como da Confederación Sindical de CCOO.

Votación dunha das emendas ao relatorio do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Continúa a segunda xornada do Congreso coa votación das emendas ao relatorio

25.01.2013.

Esta mañá deu comezo a segunda xornada do 10.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia coa votación das emendas ao relatorio e aos estatutos, tanto das CCOO galegas como da Confederación Sindical de CCOO. Está previsto dedicar a este debate máis de cinco horas.

Toxo e Sánchez Aguión respondendo as preguntas dos medios de comunicación

Aguión e Toxo denuncian que coas políticas de austeridade só cabe máis desemprego

  • Así o afirmaron hoxe durante a inauguración do 10.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
24.01.2013.

O secretario xeral saínte de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, e o secretario xeral confederal de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, afirmaron hoxe en Santiago de Compostela que os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do cuarto trimestre de 2012 demostran que as políticas adoptadas ata o de agora para afrontar a crise son «inútiles», pois só se centraron nos recortes en lugar de reactivar a economía.

Hoxe comeza o 10.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia

Comeza o 10.º Congreso Nacional de Comisións Obreiras de Galicia

  • Ao acto de inauguración asistirán o secretario xeral confederal, Ignacio Fernández Toxo, e a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, ademais de representantes das principais institucións e organizacións galegas
24.01.2013.

Hoxe xoves, día 24 de xaneiro, ás 10 h, comeza o 10.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia, que se celebrará no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela, e rematará a tarde do venres, día 25. O lema escollido é «Respostas fronte á crise».

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: