Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

venres 11 de agosto de 2017

Os bombeiros comarcais de Pontevedra, en folga desde o día 8, esixen mellores condicións e non seren discriminados

Os bombeiros de Matinsa, empresa que xestiona os parques de bombeiros privatizados da provincia de Pontevedra, esixen mellores condicións laborais e non seren discriminados. Estes profesionais están en folga desde o pasado día 8 de agosto.

Fotografía de arquivo dunha protesta dos bombeiros

Fotografía de arquivo dunha protesta dos bombeiros

Desde o comité de empresa solicitan:

— O cumprimento a sentenza do TSXG que recoñece o dereito do persoal a non se ver prexudicado polo IPC negativo aplicado previamente pola empresa.

— O cumprimento do sinalado na disposición adicional terceira da Lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia, no que atangue á homoxeneización das condicións laborais dos traballadores dedicados ao sector de emerxencias, entre os que se encontran os traballadores desta empresa.

— A aplicación do coeficiente redutor correspondente á idade de xubilación de bombeiros recollido no Real decreto 383/2008.

Asemade, rexeitan:

— A non cobertura de baixas de longa duración con persoal de bolsa de emprego, o que está a reducir o número de efectivos en moitas quendas, obrigando a traballar en condicións que non garanten a seguridade.

— O incumprimento de obrigas contractuais da empresa con respecto á prestación do servizo, que redundan enormemente nas condicións de traballo dos bombeiros.

Os bombeiros comarcais de Pontevedra, en folga desde o día 8, esixen mellores condicións e non seren discriminados

venres 11 de agosto de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade