Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

mércores 9 de agosto de 2017

CCOO gaña as eleccións e mellora resultados en Diana Promoción

CCOO volveu gañar as eleccións sindicais na empresa Diana Promoción, S. A., da provincia da Coruña. A candidatura da Federación de Servizos logrou a maioría absoluta da representación e fíxoo, ademais, conseguindo unha delegada máis que hai catro anos.

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

Estas eleccións corresponden ao persoal de traballadoras e traballadores externos dedicados a actividades de reposición («merchan») nos centros de traballo de Alcampo - A Coruña, Alcampo - Santiago, Carrefour de Alfonso Molina, Carrefour Os Rosales e Carrefour Coristanco.

A candidatura presentada por CCOO conseguiu catro representantes —un máis que na anterior cita electoral— por un da UGT.

A Federación de Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso, en especial ás que, co seu voto, depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.
Finalmente, CCOO-Servizos dá os parabéns a todos os traballadores e traballadoras da empresa, pois con este resultado renóvase o compromiso adquirido nas urnas e ponse á súa disposición para continuar defendendo os intereses laborais.

CCOO gaña as eleccións e mellora resultados en Diana Promoción

mércores 9 de agosto de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Eleccións Sindicais - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade