Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

mércores 2 de agosto de 2017

A Fundación 10 de Marzo de CCOO presentou un libro sobre o movemento obreiro da Coruña

  • Este traballo, 'Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña', presentarase no marco da feira do libro da cidade herculina

A Fundación 10 de Marzo de CCOO presentou este xoves, día 3 de agosto, o libro 'Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña', editado en colaboración co Concello da cidade herculina. O acto tivo lugar na caseta central da feira coruñesa do libro e nel interviron Ricardo Gurriarán (coeditor e director da F10M), Luís Alonso (coautor e coeditor), Xan María Castro (coeditor e presidente da F10M) e José Manuel Sande (concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento).

O libro repasa a historia do movemento obreiro da Coruña

O libro repasa a historia do movemento obreiro da Coruña

Artigos e entrevistas

O libro, editado en colaboración co Concello da Coruña, foi coordinado e editado por Ricardo Gurriarán e Luís Alonso, e forma parte da colección 'Testemuños' da Fundación 10 de Marzo.

Apuntamentos históricos do movemento obreiro da Coruña. De Chacón ás Comisións Obreiras, trata de repasar a historia do movemento obreiro e o sindicalismo da cidade da Coruña desde finais do século XIX ata o remate da ditadura franquista.

Neste traballo recóllense diversos artigos de historiadores e especialistas na materia, como son Luís Alonso, Dionísio Pereira, Manuel G. Probados, Honorio Cardoso, Pedro de Llano, Víctor Santidrián ou Xan María Castro. Estas achegas compleméntanse coa publicación neste volume de entrevistas e conversas con sindicalistas e axitadores sociais protagonistas da loita antifranquista: Miguel Mourón —fillo de Nicasio Mourón—, Roberto Liñeira, Begoña Palacio, Manuel Bermúdez, Nicanor Acosta, Carlos Vázquez, Maximino Cacheiro, Manuel Lourenzo, Gonzalo Porto, Enrique Veira, Manuel Villares, Hortensia Álvarez, Xosefa ("Chefa") Hermo Ínsua.

A Fundación 10 de Marzo de CCOO presentou un libro sobre o movemento obreiro da Coruña

mércores 2 de agosto de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade