Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

xoves 13 de xullo de 2017

Asinado o acordo previo que desbloquea o conflito laboral e os convenios colectivos no sector de transporte de viaxeiros de Galicia

O 12 xuño, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, adoptouse un acordo previo que desbloquea o conflito laboral e os convenios colectivos no sector de transporte de viaxeiros de Galicia.
As organizacións patronais das catro provincias aceptan iniciar a revalorización dos salarios dos traballadores e traballadoras do sector, situación que mantiveran bloqueada ata a data do acordo, xunto coa esixencia de garantías laborais derivadas da posta en marcha unilateral do Plan de Transporte da Xunta de Galicia (acordo acadado o pasado luns) é o outro aspecto que levou as organizacións sindicais a promoveren a folga do sector.
No acordo previo formúlase o anticipo inmediato do 2 % e a continuidade das negociacións no contexto de mediación do AGA; a suspensión da folga con carácter semanal; as catro mesas de negociación provincial manterán cadansúa reunión todos os luns e martes con data límite do 2 de agosto para chegar ao acordo definitivo, que deberá ser ratificado na mesa galega que hoxe adoptou esta decisión.
Nas asembleas do 13 de xullo, CCOO propúxolles aos traballadores e traballadoras —sempre sobre a base deste acordo— a suspensión da folga, que se irá avaliando semanalmente de se acreditaren avances nas mesas de negociación provinciais, que manterán decote a tutela do Consello Galego de Relacións Laborais.
Datas das comisións de negociación provinciais:
Ourense: 17 de xullo ás 9:30 horas
Coruña: 17 de xullo ás 17 horas
Pontevedra: 18 de xullo ás 9:30 horas
Lugo: 18 de xullo ás 17 horas
 

Asinado o acordo previo que desbloquea o conflito laboral e os convenios colectivos no sector de transporte de viaxeiros de Galicia

xoves 13 de xullo de 2017

Documentos relacionados

Acordo asinado

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Áreas - Emprego e Formación - Actualidade
Información - Novas