Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

xoves 13 de xullo de 2017

Asinado o convenio do metal da provincia de Pontevedra

27.000 traballadores e traballadoras disporán de incrementos garantizados ata o ano 2019

Asinamento do convenio

Asinamento do convenio

Onte tivo lugar en Vigo o asinamento formal do acordo de convenio colectivo 2017-2019 para o sector de siderometal da provincia de Pontevedra, que dá cobertura a preto de trinta mil traballadores e traballadoras e tres mil empresas.

O acordo previo adoptado o pasado 6 de xullo foi ratificado polas asembleas de traballadores e traballadoras convocadas por CCOO-Industria o 11 de xullo; nelas adiantouse, para o ámbito do convenio, a recuperación da cláusula de revisión dos IPC e a inclusión dos traballadores e traballadoras das empresas multiservizos.

Dende CCOO considérase moi positivo o contido do acordo e laméntase que, como vén acontecendo nos últimos cinco acordos dende hai once anos, a organización sindical nacionalista continúe desentendéndose da negociación dun convenio que é referencia para o conxunto do noso país, tanto polo seu contido como polos salarios fixados nas súas táboas salariais, que son as máis altas do Estado en todos os tramos e categorías.

Un convenio que mantén a prohibición de utilización de ETT, que dispón de complemento para todos os traballadores e traballadoras non indefinidos equivalente a 20 días por ano mensualmente, que inclúe regulación específica e limita a utilización de despedimentos obxectivos e que establece unha regulación pola que o convenio se converte nunha referencia no conxunto do Estado.

No acto de sinatura, a comisión negociadora das CCOO de industria estivo acompañada polo secretario xeral da federación de CCOO Industria Galicia, Víctor Ledo.

Asinado o convenio do metal da provincia de Pontevedra

xoves 13 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas