Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

mércores 12 de xullo de 2017

Continúan as negociacións en prol dun convenio autonómico para o sector do transporte de viaxeiros

Hoxe á tarde, ás 16 horas, manterase unha xuntanza promovida polo Consello Galego de Relacións Laborais

12-7-2017.- Na xuntanza de onte dos tres sindicatos máis representativos do sector coas organizacións empresariais, constatouse a actitude intransixente dunha parte destas en prol dun acordo para desenvolver un convenio autonómico que integre os convenios das catro provincias e actualice as correspondentes táboas salariais. En vista da dita actitude, a representación dos traballadores e traballadoras formulou a petición de intervención do AGA para, coa súa mediación, intentar desbloquear e poñer fin ao conflito do sector de transportes de viaxeiros de Galicia.
Dende CCOO, unha vez blindadas as garantías laborais no acordo coa Consellaría de Infraestruturas e Vivenda o pasado luns, manteremos a convocatoria de folga mentres non acade unha estrutura de negociación colectiva que facilite a plena consecución dos obxectivos formulados pola nosa organización dende o inicio deste conflito sectorial.

Continúan as negociacións en prol dun convenio autonómico para o sector do transporte de viaxeiros

mércores 12 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Áreas - Emprego e Formación - Actualidade
Información - Novas