Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

martes 11 de xullo de 2017

Ampla asistencia e participación na asemblea xeral aberta de Ourense e posterior concentración diante da Subdelegación do Goberno

Ramón Sarmiento, secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, xunto coa secretaria de Servizos, Carmen Peteiro, o secretario de Acción Sindical e Negociación Colectiva, Roi Fernández, e o secretario de Xuventude, Movementos Sociais e Comunicación, Omar Ceveira, integrantes da nova Comisión Executiva do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, participaron na asemblea xeral aberta de Ourense

Asemblea en Ourense

Asemblea en Ourense

Ourense, 07-07-2017.- O xoves, 6 de xullo, Ramón Sarmiento, secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, xunto coa secretaria de Servizos, Carmen Peteiro, o secretario de Acción Sindical e Negociación Colectiva, Roi Fernández, e mais o de Xuventude, Movementos Sociais e Comunicación, Omar Ceveira, integrantes da nova Comisión Executiva do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, participaron na asemblea xeral aberta de Ourense.
A asemblea, presidida por Pedro L. Barreiros, secretario xeral da Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense-Valdeorras, e coordinada e organizada pola súa Comisión Executiva, desenvolveuse durante máis de dúas horas nun ateigado Salón de Actos da Biblioteca Pública de Ourense no que non quedou ningún oco baleiro. O acto congregou máis dun cento de delegadas e delegados, tamén persoas afiliadas e simpatizantes de CCOO que participaron activamente no debate posterior á presentación do plan de traballo da nova Comisión Executiva Nacional e da proposta de unidade de acción dos sindicatos en Galicia.
Esta asemblea foi a derradeira das organizadas para presentar a nova Comisión Executiva Nacional de CCOO e o seu plan de traballo, logo das que tiveron lugar en datas anteriores no resto de comarcas de Galicia.
Concentración diante da Subdelegación do Goberno
Unha vez rematada a asemblea aberta, todos os asistentes a ela marcharon ata a Subdelegación do Goberno de Ourense onde CCOO protagonizou unha concentración en defensa da negociación colectiva e pola recuperación dos dereitos laborais e a mellora dos salarios.

Ampla asistencia e participación na asemblea xeral aberta de Ourense e posterior concentración diante da Subdelegación do Goberno

martes 11 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade