Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

mércores 5 de xullo de 2017

CCOO formula unha proposta de garantías laborais para desbloquear a situación no sector de transporte en autobús

  • Comisións ten o aval do persoal do sector para manter o conflito se a Xunta non asume estas condicións

Comisións Obreiras (CCOO) presenta unha proposta de garantías laborais para desbloquear a situación no sector de transporte colectivo de viaxeiras e viaxeiros en autobús. A proposta sindical consiste en catro puntos que, a xuízo de CCOO, a Xunta debe asumir para cambiar o actual escenario de conflito. No caso de que non sexa así, o sindicato considera que ten o aval do persoal do sector para continuar coas mobilizacións.

Xuntanza na sede nacional de CCOO para debater a proposta

Xuntanza na sede nacional de CCOO para debater a proposta

Os puntos que inclúe a proposta de CCOO son o mantemento de todo o emprego, a elaboración dunha relación nominal de traballadoras e traballadores afectados por liña de transporte, a garantía do mantemento do servizo público mediante a habilitación dunha partida orzamentaria concreta e que a Xunta se erixa en garante para desbloquear os convenios colectivos e velar polo seu cumprimento íntegro.

Por último, CCOO insta a Consellaría de Infraestruturas a que no día de hoxe asuma que este contido ha formar parte do acordo global que permita desbloquear a situación.


 

CCOO formula unha proposta de garantías laborais para desbloquear a situación no sector de transporte en autobús

mércores 5 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas