Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

mércores 5 de xullo de 2017

Paro absoluto na sexta xornada de folga do sector de transporte de viaxeiras e viaxeiros en autobús

  • O xoves terá lugar a primeira xuntanza entre os sindicatos e a patronal para desbloquear os convenios colectivos

O martes, 4 de xullo, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL), as organizacións patronais e sindicais decidiron constituír unha mesa de negociación e desbloquear os convenios do transporte de viaxeiras e viaxeiros en autobús. Nesta mesa, as patronais Transgacar, Anetra, Fegabus e Fegatravi e os sindicatos CCOO, UGT e CIG intentarán chegar a un acordo marco para o sector.

As plataformas e salas de espera das estacións de autobuses están practicamente baleiras

As plataformas e salas de espera das estacións de autobuses están practicamente baleiras

A primeira xuntanza terá lugar mañá xoves, día 6, na sede compostelá do CGRL. Os puntos que se van tratar serán a suba das táboas salariais dos conveniso provinciais sectoriais e a actualización das cláusulas de subrogación do persoal.

Paro absoluto na sexta xornada de folga do sector de transporte de viaxeiras e viaxeiros en autobús

mércores 5 de xullo de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

Folga indefinida desde o 13 de xullo no sector de transporte de viaxeiras e viaxeiros en autobús

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas