Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

luns 3 de xullo de 2017

O mércores comezan en Vigo as mobilizacións do metal pontevedrés

O sector do metal da provincia de Pontevedra comeza o próximo 5 de xullo as mobilizacións ante o bloqueo das negociacións por parte da patronal. CCOO, CIG e UGT denuncian que, tras doce xuntanzas, segue sen haber avances.

Concentración o mércores, día 5, fronte á patronal ATRA (Vigo)

Concentración o mércores, día 5, fronte á patronal ATRA (Vigo)

Así as cousas, haberá unha concentración o mércores, ás 11 horas, fronte á patronal ATRA, situada no número 22 da rúa do Príncipe (Vigo).

O xoves, día 6, está prevista a que será a décimo terceira reunión para negociar un dos convenios máis importantes do país, xa que atangue a máis de 25.000 traballadores e traballadoras.

O mércores comezan en Vigo as mobilizacións do metal pontevedrés

luns 3 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade