Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

luns 3 de xullo de 2017

O persoal de PSA-Vigo esixe máis contratacións para afrontar a «sobrecarga» de traballo

Centos de traballadores de PSA Peugeot-Citroën en Vigo manifestáronse o sábado, 1 de xullo, baixo o lema «Menos abusos e máis respecto», para esixiren máis contratacións que permitan reforzar os equipos e mitigar a «sobrecarga» de traballo.

Os sindicatos intensificarán as protestas se non se reforza o persoal da factoría

Os sindicatos intensificarán as protestas se non se reforza o persoal da factoría

Convocados por CCOO, CIG e CUT, os traballadores concentráronse ás portas de PSA e posteriormente manifestáronse ata Castrelos, regresando á factoría, onde leron un comunicado coas súas esixencias.

Segundo explicaron, a liña de montaxe 1, responsable do modelo B9 —vehículos Citroën Berlingo e Peugeot Parner—, non ten abondo persoal para facer fronte ao incremento da produción previsto para este mes, cun vehículo máis cada hora.

Os sindicatos sinalan que un número elevado de traballadores está actualmente de baixa, en boa parte dos casos por varios meses, o que repercute na «sobrecarga» do persoal restante.

CCOO, CIG e CUT xa pediron a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais e están dispostos a intensificar as protestas este mesmo sábado, día 8, cun chamamento a non secundar a xornada extraordinaria de traballo programada.

O persoal de PSA-Vigo esixe máis contratacións para afrontar a «sobrecarga» de traballo

luns 3 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade