Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

luns 3 de xullo de 2017

Unai Sordo é o novo secretario xeral confederal de CCOO

As delegadas e delegados que participaron a pasada fin de semana no 11.º Congreso Confederal de CCOO elixiron o sindicalista vasco Unai Sordo como novo secretario xeral. A súa candidatura, única que se presentaba, logrou case o 90 % dos votos. Sordo colle a remuda do galego Ignacio Fernández Toxo á fronte do primeiro sindicato do Estado en afiliación e representación co obxectivo de situar a organización «á ofensiva» na recuperación de dereitos.

Unai Sordo, novo secretario xeral confederal de CCOO

Unai Sordo, novo secretario xeral confederal de CCOO

O secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, delegado neste Congreso, agradeceulle a Toxo o labor realizado nos oito anos que estivo á fronte das CCOO e amosou a súa confianza no traballo que desempeñará Unai Sordo como novo máximo dirixente do sindicato.

Unai Sordo (Bilbao, 1972) traballou no sector da madeira antes de asumir responsabilidades sindicais. No ano 2000 foi elixido secretario de Xuventude de CCOO-Euskadi ao tempo que era responsable de Organización do sindicato en Biscaia. Catro anos máis tarde converteuse no secretario xeral de CCOO en Biscaia e, xa no 2009, secretario xeral de CCOO-Euskadi.

No seu primeiro discurso como secretario xeral confederal, Sordo avogou pola derrogación das últimas reformas laborais e por rematar cun modelo de emprego baseado na precariedade.

Unai Sordo é o novo secretario xeral confederal de CCOO

luns 3 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas