Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

xoves 29 de xuño de 2017

11.º Congreso Confederal: CCOO móvese!

  • Ramón Sarmiento, convencido de que Unai Sordo situará CCOO «na ofensiva» pola recuperación de dereitos

Os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo ten lugar en Madrid o 11.º Congreso Confederal de CCOO. O conclave celébrase so o lema «CCOO móvese», que resume a renovación de cadros e de procedementos iniciada meses atrás coas asembleas e congresos das diferentes estruturas de todo o Estado.

Intervención do secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento

Intervención do secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento

Na primeira xornada deste 11.º Congreso, o secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, tivo palabras para o secretario xeral confederal saínte, Ignacio Fernández Toxo: «Non sempre en Galicia pomos o mellor que temos á vosa disposición, pero con Toxo si que o fixemos», enfatizou.

Canto ao próximo responsable confederal, Unai Sordo, Sarmiento amosouse convencido de que o sindicalista vasco «situará CCOO na ofensiva» pola recuperación de dereitos.

Congreso en directo

Na web http://11congreso.ccoo.es pódense consultar os documentos de debate e as informacións xeradas por este proceso congresual así como seguir en directo por vídeo o desenvolvemento do Congreso. O conclave tamén se pode acompañar nas redes sociais coa palabra clave #CCOOsemueve.

11.º Congreso Confederal: CCOO móvese!

xoves 29 de xuño de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

Web do 11.º Congreso confederal

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas