Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

venres 30 de xuño de 2017

Seguimento maioritario da folga en GKN e mobilizacións convocadas en PSA

  • Tras catorce reunións, non hai avances na negociación do convenio de GKN Driveline Vigo
  • O persoal de PSA inicia as mobilizacións o sábado, 1 de xullo, para esixir máis contratacións

Case todo o persoal de GNK Driveline, auxiliar de PSA Peugeot-Citroën de Vigo, secundou a xornada de folga do xoves, 29 de xuño. Denuncian o «inmobilismo da dirección». CCOO, sindicato maioritario na compañía, convocou unitariamente con UGT e CIG esta folga, tras catorce reunións sen avances para un convenio colectivo que afecta a case mil persoas nas instalacións de Balaídos.

O persoal de GKN esixe solucións

O persoal de GKN esixe solucións

Por outra parte, as traballadoras e traballadores de PSA tamén están chamados á se concentraren mañá sábado, 1 de xullo, ás 11:30, na porta principal da factoría. Neste caso, a convocatoria parte de CCOO, CIG e CUT, que lle piden á multinacional o reforzamento do cadro de persoal de PSA-Vigo ante o aumento da produción que se prevé para a próxima semana, cun vehículo máis por hora.

As medidas de presión comezaron o pasado luns, día 26, negándose os responsables sindicais a «facer a foto» cos responsables da empresa no acto de presentación do novo modelo K9. A do sábado é «un paso máis» e, de non haber resposta satisfactoria por parte da Dirección, as mobilizacións irán en aumento os próximos días, por exemplo, non acudirán ao traballo na xornada extraordinaria programada para o vindeiro sábado, día 8 de xullo.

CCOO, CIG e CUT rexeitan que o incremento de produción se faga á custa de sobrecargar o persoal existente, xa minguado por numerosas baixas —boa parte delas, superiores aos seis meses—. Ante o silencio da Dirección, e alén das medidas de presión, os sindicatos xa pediron a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Seguimento maioritario da folga en GKN e mobilizacións convocadas en PSA

venres 30 de xuño de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade