Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

mércores 14 de xuño de 2017

CCOO presentou na Coruña a nova dirección galega, o seu plan de traballo e a proposta de unidade sindical

  • A folga provincial do metal, que comezará o día 22, foi outro dos puntos de interese

Máis dun cento de delegadas e delegados de Comisións Obreiras participaron esta mañá na Coruña nunha concorrida asemblea na que se presentou a nova Executiva Nacional galega. Os responsables das diferentes secretarías expuxeron o plan de traballo para os próximos meses e o cambio de modelo organizativo, mentres que o secretario xeral, Ramón Sarmiento, explicou a proposta de unidade sindical coa UGT e a CIG.

Arriba, integrantes da Executiva Nacional; abaixo, vista parcial da asemblea

Arriba, integrantes da Executiva Nacional; abaixo, vista parcial da asemblea

Outro dos puntos de interese foi a folga provincial do metal, que comezará o vindeiro 22 de xuño. Precisamente, o secretario xeral puxo este conflito como «un de tantos exemplos» de que a unidade sindical se practica acotío, xa que a convocatoria é conxunta de CCOO, UGT e CIG.

Rolda de asembleas

A de hoxe na Coruña é a primeira da rolda de asembleas que a nova dirección galega de CCOO fará polas diferentes comarcas. Ata o 6 de xullo, o secretario xeral de CCOO e o seu equipo estarán noutras oito localidades para presentar o plan de traballo, o cambio de modelo organizativo e a proposta de unidade. O calendario das asembleas pódese consultar na páxina web do sindicato.

CCOO presentou na Coruña a nova dirección galega, o seu plan de traballo e a proposta de unidade sindical

mércores 14 de xuño de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

Calendario de asembleas xerais abertas

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade