Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

martes 13 de xuño de 2017

CCOO presenta o plan de traballo e a proposta de unidade sindical

A nova Comisión Executiva Nacional de CCOO de Galicia presenta o seu plan de traballo e a proposta de unidade sindical. Farao en asembleas xerais abertas en nove localidades do país entre o 14 de xuño e o 6 de xullo.

Asembleas xerais abertas nas nove comarcas

Asembleas xerais abertas nas nove comarcas

Os integrantes da Comisión Executiva Nacional exporán o esquema de traballo das súas respectivas secretarías, así como os obxectivos sindicais e o cambio no modelo organizativo do sindicato.

A seguir exporase o documento «Bases para unha resposta unitaria da clase traballadora galega», feito público días atrás.

Indicamos os lugares e horas das asembleas:

— A Coruña: mércores, 14 de xuño, ás 10:30 h (auditorio do edificio de sindicatos)
— Lugo: luns, 19 de xuño, ás 10 h (salón de actos do edificio de sindicatos)
— Viveiro: luns, 19 de xuño, ás 19 h (salón de actos do edificio de sindicatos)
— Ferrol: mércores, 21 de xuño, ás 10:30 h (salón de actos da Unión Comarcal)
— Vigo: xoves, 22 de xuño, ás 11 h (salón de actos da Unión Comarcal)
— Vilagarcía de Arousa: xoves, 22 de xuño, ás 19 h (auditorio municipal, na avda.da Mariña, s/n)
— Santiago de Compostela: luns, 3 de xullo, ás 10:30 h (salón de actos da Asociación de Empresarios do Tambre)
— Pontevedra: mércores, 5 de xullo, ás 10 h (salón de actos do edificio sindical)
— Ourense: xoves, 6 de xullo, ás 11 h (salón de actos da Biblioteca Pública, na rúa Concello, n.º 11)

CCOO presenta o plan de traballo e a proposta de unidade sindical

martes 13 de xuño de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

Calendario de asembleas xerais abertas
Proposta de unidade sindical en Galicia

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Mariña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Pontevedra - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Arousa - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade