Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia - Compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos

venres 12 de maio de 2017

A importancia da participación das delegadas e delegados de prevención

O pasado 10 de maio achegueime ata Expourense para participar de novo en Previsel, salón da prevención e a saúde laboral. Alí, o responsable de Saúde Laboral da Unión Intercomarcal de Ourense, Roberto Garrido, mais eu demos unha charla sobre a prevención de riscos laborais.

Manuela Caneda e Roberto Garrido no salón Previsel

Manuela Caneda e Roberto Garrido no salón Previsel

Fonte: Manuela Caneda, técnica do Gabinete de Saúde Laboral de CCOO. Nesta ocasión decidimos formular un tema aberto, que convidase máis á reflexión que á transmisión de coñecemento. Por esa razón, o título escollido, "A importancia da saúde laboral na empresa: por que e para que?", pretendía provocar nos oíntes unha reacción e, a partir de aí, suscitar unha "tormenta de ideas" ao respecto. A prevención e a saúde laboral teñen algunha importancia real no noso día a día ou acaso se fai porque así o dita unha normativa que leva vixente 21 anos?

Eu teño claro o obxectivo da prevención: modificar as condicións de traballo para evitar danos á saúde. Con todo, tamén teño claro que este obxectivo non é o de todas as empresas. Por esa razón, ao longo da intervención fun introducindo ideas para animar os delegados e delegadas de prevención a modificaren a realidade en que desenvolven o seu labor. Salientei tamén a importancia da participación dos delegados e delegadas de prevención e de como a normativa garante esta participación (de feito, a empresa está obrigada a consultar con estas compañeiras e compañeiros).

Tamén houbo tempo para a autocrítica e para lembrar que os representantes das traballadoras e dos traballadores debemos falar con eles para comprender mellor a súa situación, xa que son quen perciben directamente o que acontece no seu posto de traballo e poden avaliar a eficacia das medidas preventivas implantadas. Nunha palabra, hai que escoitar.

Para que as nosas propostas como delegados e delegadas de prevención teñan posibilidade de éxito, hai que argumentalas, e para iso van ter todo o apoio dos técnicos e técnicas do Gabinete de Saúde Laboral do sindicato.

Sintetizando: escoitar, participar e argumentar son as nosas armas nesta loita.
 

A importancia da participación das delegadas e delegados de prevención

venres 12 de maio de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

CCOO subliñou no salón Previsel a importancia da saúde laboral na empresa

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade