Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia - Compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos

xoves 11 de maio de 2017

CCOO subliña no salón Previsel a importancia da saúde laboral na empresa

  • O evento decorre esta semana en Ourense

Comisións Obreiras (CCOO) participa, un ano máis, en Previsel, salón da prevención e a saúde laboral, cuxa 12.ª edición decorre esta semana en Ourense. Membros do sindicato participaron na primeira das xornadas deste evento cunha charla que serviu para subliñar a importancia da saúde laboral nas empresas.

De esq. a der., Roberto Garrido, Benxamín Vences e Pedro Barreiros, de CCOO-Ourense

De esq. a der., Roberto Garrido, Benxamín Vences e Pedro Barreiros, de CCOO-Ourense

Manuela Caneda, técnica de saúde laboral de CCOO de Galicia, e Roberto Garrido, responsable de saúde laboral na Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense, encargáronse de explicarlles ás persoas asistentes a relevancia desta materia, dando resposta ás preguntas de «por que» e «para que» existe un amplo marco normativo destinado a protexer a seguridade e a saúde dos traballadores e das traballadoras.

CCOO subliña no salón Previsel a importancia da saúde laboral na empresa

xoves 11 de maio de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

Programación da 12.ª edición de Previsel

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Saúde Laboral - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade