Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia - Compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos

xoves 11 de maio de 2017

CCOO-Servizos revalida a súa maioría nas eleccións de Allianz en Galicia

Esta semana tiveron lugar as eleccións sindicais de Allianz en todo o Estado. En Galicia, cun censo formado por 66 persoas, Comisións Obreiras foi o sindicato máis votado e revalidou a súa maioría nos centros da Coruña, Vigo, Ourense e Lugo.

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

Nas eleccións sindicais, esixe CCOO

No caso da Coruña, Comisións obtivo a totalidade da representación, tres delegados, o mesmo que en Vigo (un delegado). En Lugo, CCOO conseguiu un representante e outro a UGT. Por último, en Ourense, CCOO tivo un delegado e outro a CIG.

A sección sindical de CCOO en Allianz transmítelles o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso electoral, especialmente ás que, co seu voto, demostraron «confianza» nas Comisións Obreiras.

CCOO-Servizos revalida a súa maioría nas eleccións de Allianz en Galicia

xoves 11 de maio de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Eleccións Sindicais - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ourense Valdeorras - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Lugo - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade