Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia - Compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos

luns 8 de maio de 2017

CCOO e outras organizacións sociais rexeitaron na rúa a privatización da fachada marítima da Coruña

  • A Plataforma Aberta en Defensa do Común, da que fai parte o sindicato, organizou o domingo unha multitudinaria manifestación

A Plataforma Aberta en Defensa do Común, da que fai parte a Unión Comarcal de CCOO da Coruña, congregou o domingo milleiros de persoas na cidade herculina para rexeitar a privatización da fachada marítima. Esixiron a volta á titularidade pública dos terreos onde asentan os peiraos do porto interior, os do complexo deportivo da Solana, o Hotel Finisterre, o antigo cárcere e os terreos militares da Maestranza.

Pancarta principal da manifestación

Pancarta principal da manifestación

Desde a Plataforma reivindican a devolución «de balde» destas propiedades ao patrimonio colectivo e rexeitan un modelo de cidade «en que os bens comúns poidan ser apropiados por especuladores urbanísticos».

Comisións lembra que hai xa máis de vinte anos o sindicato participou nunha loita similar, que nesa ocasión rematou coa defensa do carácter público do hospital militar fronte aos intentos privatizadores. A vitoria cidadá traduciuse en que o dito hospital sexa hoxe parte do SERGAS.

CCOO e outras organizacións sociais rexeitaron na rúa a privatización da fachada marítima da Coruña

luns 8 de maio de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade