Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo

mércores 12 de abril de 2017

Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo entregará o vindeiro día 28 os Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade. Os galardóns salientan a traxectoria laboral, persoal e social de diferentes persoas e colectivos. Nesta ocasión, as distincións recaen en Doa Saúde Mental e Silvano Montes Sánchez. A entrega terá lugar nun acto que comezará ás 19:30 h no salón de Afundación, na rúa Policarpo Sanz n.º 24-26.

Premios Primeiro de Maio 2017

Premios Primeiro de Maio 2017

DOA SAÚDE MENTAL

 Esta asociación ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e tamén a das súas familias, defender os seus dereitos e representar os seus asociados e asociadas, coa perspectiva dunha total integración.

Unha «doa» é unha «bóla pequena de vidro ou outro material, cun burato polo que se une a outras pezas e forman un colar». Moitas doas xuntas forman un todo. Cada persoa é, daquela, como a doa dun colar integrado por múltiples pezas que, ben encaixadas, forman un conxunto no que hai harmonía e benestar.

SILVANO MONTES SÁNCHEZ

A finais dos anos setenta participou nunha reunión semiclandestina en León da que nacería o movemento sindical en Paradores. Desde a súa afiliación a CCOO, fixo parte en case todos os comités de empresa —primeiro en Pontevedra, despois en Baiona—, alternando con períodos de delegado da sección sindical.

Durante unha das súas etapas de delegado, produciuse o feito que máis marcou a súa traxectoria sindical: a persecución sindical da Dirección do Parador aos membros do comité de empresa e a este delegado de CCOO. Como consecuencia, fixeron unha folga de fame durante o Nadal de 1990 que durou vinte días.

+ Máis información no documento adxunto a esta nota informativa

Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade

mércores 12 de abril de 2017

Documentos relacionados

Información sobre os Premios Primeiro de Maio 2017 [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Campaña renda 2016 - A túa cota sindical desgrava na declaración!
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Seguros Atlantis - Fogar e Vida
  • Portal de transparencia