Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia - Compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos

xoves 6 de abril de 2017

Renda 2016: CCOO lembra que a cota de afiliación pode deducirse na declaración

Este mes comezou a campaña da renda 2016. Comisións Obreiras (CCOO) lembra que a cota de afiliación é un gasto que se pode deducir á hora de realizar a declaración, como recolle a lei que regula o imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Concretamente, o importe da cota dedúcese da cantidade recollida en concepto de rendementos do traballo.

Campaña Renda 2016

Campaña Renda 2016

"http://www.ccoo.gal/webgalicia/menu.do?O_teu_sindicato:O_teu_local_mais_proximo"

Para xustificar este dereito á dedución, abonda cos xustificantes bancarios ou de nómina —no caso de que se lle desconte a cota nesa vía—. En todo caso, as persoas que así o desexaren tamén poden acudir ao local do sindicato e pedir un certificado das cotas pagadas no exercicio correspondente á declaración.

A cantidade que se deduza indicarase no espazo reservado ás «cotas satisfeitas a sindicatos», na casa 012 do impreso oficial, ben na súa versión dixital, ben na versión en papel.

Renda 2016: CCOO lembra que a cota de afiliación pode deducirse na declaración

xoves 6 de abril de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

Consulta cal é o local de CCOO máis próximo ao teu domicilio
Campaña Renda 2016

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas