Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo

xoves 6 de abril de 2017

A Inspección de Traballo insta o Concello do Porto do Son a aplicar artigos do convenio suspendidos unilateralmente

  • A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO puxo en coñecemento da autoridade laboral outros incumprimentos por parte do consisto

A Inspección de Traballo e Seguridade Social da Coruña insta o Concello do Porto do Son a aplicar artigos do convenio colectivo que, a xuízo de Comisións Obreiras, foron suspendidos de xeito unilateral. Precisamente, a Federación de Servizos á Cidadanía do sindicato foi a que puxo os feitos en coñecemento da autoridade laboral, denunciando a infracción de normas laborais pola interpretación «arbitraria» de artigos do convenio referentes á distribución da xornada de traballo.

Concello do Porto do Son

Concello do Porto do Son

Malia que a Administración local entendía que os citados artigos ficaban suspendidos por unha «disposición legal», o informe da autoridade laboral é «contundente» e dálle de prazo ao Concello ata o vindeiro 5 de maio para aplicalos con efectos no ano 2017 e sucesivos. Asemade, deberá elaborar un novo calendario laboral para este efecto. A Inspección tamén lle dá o mesmo prazo para que constitúa o comité de seguridade e saúde, en cumprimento da obriga establecida na Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais.

O comité de empresa do persoal laboral solicitoulle ao Concello unha xuntanza para dar cumprimento aos requirimentos da Inspección de Traballo antes de que finalice o prazo estipulado pola propia autoridade laboral. A representación legal das traballadoras e dos traballadores pretende, deste xeito, evitar posibles sancións «que acabaría pagando a veciñanza sonense».

Pola súa parte, a FSC-CCOO puxo en coñecemento da Inspección de Traballo novos incumprimentos de normas laborais, neste caso referentes ás vacacións do persoal —recollidas no convenio—, e cos dereitos de información e consulta de que dispón o comité de empresa —de conformidade co Estatuto dos Traballadores.

A Inspección de Traballo insta o Concello do Porto do Son a aplicar artigos do convenio suspendidos unilateralmente

xoves 6 de abril de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Campaña renda 2016 - A túa cota sindical desgrava na declaración!
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Seguros Atlantis - Fogar e Vida
  • Portal de transparencia