Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo

mércores 5 de abril de 2017

CCOO insta a Xunta a reducir a interinidade na sanidade pública, cifrada no 22 % polo propio Ministerio

  • A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia pide que se convoquen case sete mil prazas, na liña do asinado en Madrid, e rexeita o plan de estabilidade e provisión do SERGAS

omisións Obreiras (CCOO) insta a Xunta a reducir a «insoportable eventualidade e precariedade» na sanidade pública. Segundo datos do Ministerio de Sanidade, o 22 % das prazas están cubertas de xeito interino ou mediante contratos en fraude de lei, isto é, 7660 dun total de 34 057. Por esta razón, CCOO defende unha oferta pública de emprego (OPE) baseada nos criterios do acordo asinado recentemente en Madrid, polo que se converterían en fixas o 90 % destas prazas, o que obrigaría a convocar, cando menos, 6894 postos.

Ángel Cameselle e Antonio Cabrera

Ángel Cameselle e Antonio Cabrera

Así o afirmou esta mañá o secretario xeral de CCOO-Sanidade de Galicia, Ángel Cameselle, quen compareceu en conferencia de prensa xunta un dos negociadores do devandito acordo, o coordinador estatal da Área Pública de CCOO, Antonio Cabrera.

O propio Cabrera explicou que a interinidade supera o 32 % no conxunto das Administracións públicas, mais que, grazas a este acordo, podería reducirse ao 8 %. O sindicalista resaltou que se trata dun acordo «moi importante» que, con todo, deberá seguirse «negociando en cada ámbito».

Tanto Cabrera como Cameselle desligaron este «importante acordo» da suba salarial do 1 % proposta polo Goberno central. O secretario xeral de CCOO-Sanidade cualificou de «pírrica» a suba, de aí que «non a asinaramos, evidentemente».

Malia considerar que se trata dun acordo «valioso», Cameselle lembrou que CCOO e outras organizacións continúan a reivindicar conxuntamente a «recuperación de todos os dereitos roubados» nos últimos anos ás traballadoras e traballadores públicos.

CCOO rexeita o plan de estabilidade do SERGAS

Como xa anunciara onte, Ángel Cameselle reiterou que CCOO impugnará o plan de estabilidade e provisión pactado polo SERGAS e os sindicatos corporativos. O sindicalista critica que este plan nin é transparente nin aplica o recollido no acordo estatal para reducir de xeito «drástico» a temporalidade.

Así mesmo, amosou o seu desacordo cunha provisión de prazas que «non recolle o aprobado en Madrid e mesmo a provisión de prazas posibles en Galicia, que son case oito mil interinas».

CCOO insta a Xunta a reducir a interinidade na sanidade pública, cifrada no 22 % polo propio Ministerio

mércores 5 de abril de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Campaña renda 2016 - A túa cota sindical desgrava na declaración!
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Seguros Atlantis - Fogar e Vida
  • Portal de transparencia