Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo

xoves 30 de marzo de 2017

CCOO-Ensino aplaude o acordo para combater a precariedade no sector público

  • Nos próximos tres anos, en Galicia, poderían ofertarse nas OPE todas as prazas por reposición de xubilacións e consolidar dous mil empregos docentes

A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Ensino) aplaude o acordo estatal para combater a precariedade no sector público. En Galicia, permitirá nos próximos tres anos consolidar uns dous mil empregos docentes que agora son temporais. Así mesmo, con vistas ás ofertas públicas de emprego (OPE), establécese unha taxa de reposición do 100 % das xubilacións que se produzan entre 2017 e 2020.

CCOO-Ensino pide a recuperación de todos os dereitos roubados ao persoal do sector público

CCOO-Ensino pide a recuperación de todos os dereitos roubados ao persoal do sector público

CCOO, primeiro sindicato das Administracións públicas no Estado, leva moito tempo loitando para eliminar o «abuso» na contratación no sector público. De feito, o acordo avala as teses do sindicato, que xa en xuño do ano pasado propuxera unha OPE excepcional para rematar coa precariedade.

Co acordo que agora se alcanza, o obxectivo é reducir as interinidades a un máximo do 8 %. A Federación do Ensino de CCOO coida que no caso galego se debe aspirar a situar a eventualidade en menos do 5 %, que era o parámetro previo ao regreso do PP á Xunta. O sindicato defende uns servizos públicos «potentes» e unha escola pública de calidade.

Perda de poder adquisitivo

Doutra banda, CCOO-Ensino amosa o seu desacordo polo incremento salarial do 1 % proposto polo Gobeno de España, nun momento en que o IPC estatal está no 3 %, o que suporía unha nova perda de poder adquisitivo das empregadas e empregados públicos.

Comisións insiste en que cómpre acometer un plan plurianual de recuperación dos dereitos perdidos —sobre todo canto ás retribucións e á xornada— e a garantía de que non haxa novas perdas. «O Goberno central leva dous anos insistindo na chegada da recuperación económica, pero as empregadas e empregados públicos non a ven», censura o sindicato.

CCOO-Ensino aplaude o acordo para combater a precariedade no sector público

xoves 30 de marzo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Campaña renda 2016 - A túa cota sindical desgrava na declaración!
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Seguros Atlantis - Fogar e Vida
  • Portal de transparencia