Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais

venres 17 de febreiro de 2017

Pescanova teima en precarizar o emprego e CCOO insta a empresa a «non insultar a intelixencia» do seu persoal

  • A proposta empresarial inclúe uns salarios 'de entrada' ata un 40 % inferiores aos actuais, alén de pór en risco o complemento de antigüidade e a recuperación de poder adquisitivo

A Federación de Industria de CCOO de Galicia denuncia que Pescanova teima en precarizar o emprego. O sindicato insta a empresa a «non insultar a intelixencia» do persoal con medidas que incidan nesa liña, especialmente no tocante á recuperación de poder adquisitivo, o complemento de antigüidade e as táboas salariais.

A proposta empresarial inclúe uns salarios moi baixos

A proposta empresarial inclúe uns salarios moi baixos

Canto á primeira das cuestións, CCOO sinala que a «mínima» revalorización salarial para os próximos anos —do 0,75 % para 2016 e do 1 % para o período 2017-2020—, podería quedar moi por baixo da evolución do IPC. Comisións esixe que o poder adquisitivo se garanta mediante unha cláusula que cubra, como mínimo, o IPC real de cada exercicio.

Ante as críticas de CCOO, a dirección de Pescanova asegurou que a posible perda se supliría coa antigüidade. Comisións considera falsa esa interpretación, xa que a antigüidade é «un dereito que ten recoñecido todo o persoal e non se lle pode retirar», a non ser que a empresa «pretenda que os propios traballadores e traballadoras asuman o incremento do IPC á custa dos seus soldos, o cal é, sen dúbida, insultar a súa intelixencia».

Doutra parte, CCOO criticou as novas táboas salariais, cuns emolumentos ata un 40 % menores. A empresa afirma que serían salarios «de entrada», pero «de frutificar a proposta empresarial, en moitos casos serían para sempre», alerta o sindicato. Para Comisións, pódense establecer novos salarios «de entrada» cunha diferenza salarial «mínima, limitada a un ano» de xeito que, ao rematar ese período, se ascenda a persoa automaticamente á categoría superior que corresponda.

CCOO insiste en que para que haxa posible acordo, Pescanova deberá respectar os dereitos adquiridos, manter o poder adquisitivo dos salarios, establecer novas categorías —cun plan de ascensos— e deseñar un plan de emprego estable e de calidade. A empresa comprometeuse a confeccionar unha nova proposta para a vindeira rolda de negociacións, que comezará o 24 deste mes.

Defensa da antigüidade

A Federación de Industria de CCOO manifesta a súa «preocupación» pola actitude dos sindicatos UGT e CIG, que quedaron en «estudar» as propostas de Comisións, evitando apoialas explicitamente. Lembran o precedente, aínda recente, do sector da conserva, cando os sindicatos UGT e CIG deixaron máis de 15.000 persoas sen complemento de antigüidade e asinaron incrementos de salario do 1 %, pero sen cláusula de revisión salarial.

Pescanova teima en precarizar o emprego e CCOO insta a empresa a «non insultar a intelixencia» do seu persoal

venres 17 de febreiro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia