Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais

mércores 15 de febreiro de 2017

CCOO esixe garantías para que as direccións dos centros educativos non sexan nomeadas «a dedo»

  • O sindicato demanda «fórmulas democráticas» que posibiliten que calquera docente proposto pola súa comunidade educativa poida exercer esta función

Federación do Ensino de CCOO de Galicia esíxelle á Xunta «fórmulas democráticas» para que calquera docente proposto pola súa comunidade educativa poida exercer a función directiva. A demanda do sindicato prodúcese ante a próxima convocatoria do proceso de selección de direccións. Comisións pide «garantías», xa que a LOMCE avala un modelo selectivo no que a comunidade educativa non teña voz nin voto.

CCOO pide que se teña en conta a comunidade educativa | Foto: Eduardo Botelho (Flickr)

CCOO pide que se teña en conta a comunidade educativa | Foto: Eduardo Botelho (Flickr)

Segundo CCOO, a Consellaría de Educación ampárase na LOMCE para «designar a dedo» as direccións dos centros educativos. Para este efecto, a Administración nomea na comisión de selección representantes que sexan «submisos» ao seu ditado. O sindicato entende que esta fórmula posibilita nomeamentos practicamente «a dedo», xa que prima persoas «afíns» e non entra a valorar os proxectos presentados por cada aspirante.

Malia se rexer o procedemento pola LOMCE, CCOO defende que se pode avanzar nunha selección democrática, por exemplo, nomeando como representantes da Administración persoas que previamente decida o consello escolar de cada centro.

Por esta razón, CCOO pídelle á Consellaría un cambio na orde que regula o acceso ás direccións. Desta forma, fomentaríase a participación dos diferentes sectores da comunidade educativa na xestión democrática dos centros e na súa autonomía, ao tempo que se evitaría a creación dun corpo de dirección «carente de independencia e máis propio doutras épocas».


 

CCOO esixe garantías para que as direccións dos centros educativos non sexan nomeadas «a dedo»

mércores 15 de febreiro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia