Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais

martes 14 de febreiro de 2017

Primeiras imaxes das recreacións para o documental 'Vigo 1972'

  • Esta longametraxe documental realízase coa colaboración do Foro pola Memoria de Galicia e a participación da Asemblea Republicana de Vigo mais da Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo

"Vigo 1972. A hora da verdade" é unha longametraxe documental centrada na histórica folga xeral que tivo lugar ese ano na comarca viguesa. A obra combina recreacións de época con testemuños. Precisamente, xa viron a luz as primeiras imaxes das recreacións.

Dramatización realizada para esta longametraxe

Dramatización realizada para esta longametraxe

Vigo 1972 estrearase en setembro deste ano grazas á produtora Arthur Gordon, ao traballo do director e guionista Roi Cagiao e do produtor executivo Emilio J. Fernández. Cabe destacar a colaboración prestada por organizacións como o Foro pola Memoria de Galicia, a Asemblea Republicana de Vigo e a Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo

A longametraxe relata os sucesos de setembro de 1972, hai 45 anos: unha folga xeral que durou tres semanas e na que participaron máis de trinta mil traballadores e traballadoras. Meses despois dos tráxicos sucesos do 10 de marzo de Ferrol, a comarca viguesa converteuse no epicentro do movemento obreiro e plantou cara ás estruturas represoras do franquismo.

A fita recolle testemuños de protagonistas destes feitos, en boa medida ligados ás Comisións Obreiras, nomes coñecidos como Waldino Varela, Carlos Núñez Rodríguez, Elvira Landín, Carlos Barros ou Camilo Nogueira, entre outros. Intercálanse as súas voces con material de arquivo, tanto fotográfico como audiovisual, así como recreacións.

Primeiras imaxes das recreacións para o documental 'Vigo 1972'

martes 14 de febreiro de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

Web da longametraxe 'Vigo 1972'

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia