Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais

venres 10 de febreiro de 2017

CCOO denuncia as "falsidades" da CIG sobre a conflitividade na atención a domicilio de Ferrol

  • Comisións coida "reprobable" que unha organización de clase ataque as delegadas doutro sindicato

A Federación de Construción e Servizos de CCOO denuncia as "falsidades" publicadas pola CIG na súa páxina web sobre a conflitividade no servizo de atención a domicilio de Ferrol. No texto publicado nese soporte, acusan -sen probas- dúas delegadas de CCOO de hostigaren unha candidata da CIG que acabou sendo despedida pola concesionaria do servizo. Comisións rexeita estas acusacións e, moi pola contra, revela que as representantes de CCOO foron vítimas dun intento de revogación que non prosperou.

Optima é a actual concesionaria do servizo; nada máis asumilo, despediu unha afiliada de CCOO

Optima é a actual concesionaria do servizo; nada máis asumilo, despediu unha afiliada de CCOO

O 5 de febreiro do ano pasado, CCOO promoveu eleccións sindicais parciais na empresa Aras Multiservicios, que naquela altura era a concesionaria do servizo de axuda a domicilio de Ferrol. A convocatoria relizouse por mor da "inoperancia" da única delegada da CIG, visión amplamente apoiada polo resto do persoal: CCOO conseguiu máis do 85 % dos votos e, con eles, as dúas delegadas que se escollían.

Desde o primeiro momento, CCOO deulle pulo á situación do convenio colectivo, totalmente "abandonado" pola delegada da CIG, xa que non se pagaba por traballar os domingos, as xornadas eran irregulares, había problemas de conciliación, existía unha dobre escala salarial e varias cuestións máis que Comisións intentou atallar.

O cambio na situación, cunha representación sindical que agora era "activa e reivindicativa", provocou que Aras renunciase a seguir prestando o servizo. Porén, antes de facer efectiva a decisión, propiciouse a convocatoria dunha asemblea para revogar as dúas delegadas de CCOO porque resultaban molestas.

Comisións acudiu á dita asemblea e, "con sorpresa", comprobou que a portavoz era unha persoa que se presentara pola CIG ás eleccións parciais, conseguindo unicamente catro votos. Esa persoa, precisamente, sería delegada electa se as representantes de CCOO fosen finalmente revogadas.

Malia que o responsable da CIG-Servizos de Ferrol, Fernando Balsa, criticou amplamente as delegadas de CCOO, estas responderon recriminándolle o "desleixo" da CIG nos tres anos anteriores a respecto das condicións laborais. A asemblea púxose do lado de Comisións e rexeitou a revogación destas delegadas.

O 1 de decembro de 2016 produciuse o cambio na xestión do servizo, asumido pola empresa Optima Facility Services. A primeira medida da nova concesionaria foi despedir unha afiliada de CCOO que estaba nunha situación de conciliación da vida familiar e laboral. O sindicato xa solicitou no Xulgado do Social de Ferrol a nulidade do despedimento.

Por todo isto, CCOO non entende as críticas "infundadas" que a CIG publicou na súa web o pasado 2 de febreiro. Comisións censura esta actitude, "impropia dun sindicato de clase". Pídelles aos responsables do sindicato nacionalista que "fagan autocrítica", que pensen por que "perderon amplamente" as eleccións parciais e posteriormente a asemblea para revogar as delegadas de CCOO. 

CCOO denuncia as "falsidades" da CIG sobre a conflitividade na atención a domicilio de Ferrol

venres 10 de febreiro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia