Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais

mércores 8 de febreiro de 2017

Folga no ensino o día 9 de marzo

  • Convoca a Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forma parte CCOO

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPA-GALICIA, CCOO-Ensino, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, ESCOLA VIVA e IESGA, mais STEG, facemos un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo.

A Plataforma en Defensa de Ensino Público, da que forma parte CCOO, convoca folga o 9 de marzo

A Plataforma en Defensa de Ensino Público, da que forma parte CCOO, convoca folga o 9 de marzo

O Goberno central afirma e anuncia que está disposto a acadar unha lei educativa de consenso. Pero a realidade demostra o contrario: pon todas as trabas posibles a calquera iniciativa que acabe coa lomce. En primeiro lugar, a subcomisión parlamentaria, que ten unha vixencia de seis meses, leva paralizada xa máis de dous; ademais modificou o seu obxectivo, que xa non será configurar unha nova lei, senón un documento sobre a estratexia 2020, que talvez sirva para unha nova lei, ou non.
 
Simultaneamente, acorda acudir ao Tribunal Constitucional para tentar anular o acordo do Congreso polo que se impulsa a paralización da lomce, opóndose á vontade da comunidade educativa de derrogala e acadar unha nova lei educativa, a pesar da súa situación minoritaria no Congreso dos Deputados. Actúa desprezando a comunidade educativa e o poder lexislativo, onde reside o poder popular.
 
Ademais, o atraso nos orzamentos do Estado así como o escaso incremento das partidas dedicadas a educación nos orzamentos galegos impiden a reversión dos recortes en educación, non garanten a igualdade de oportunidades e afondan na desigualdade.

A Plataforma considera que esta forma de proceder non pode quedar sen resposta: a loita debe manterse en todos os niveis (desde a educación infantil ata a universidade) e con todos os integrantes da comunidade educativa (alumnado, pais e nais, profesorado, cadros de persoal dos centros educativos), para seguir esixindo: a derrogación da lomce e diálogo cos axentes sociais para acadar unha nova lei consensuada política e socialmente; a reversión dos recortes; o incremento dos orzamentos dedicados a educación; a recuperación dun sistema de bolsas que garanta a igualdade de oportunidades; a eliminación das contrarreformas universitarias e das prácticas non remuneradas en fp; a recuperación dos cadros de persoal; a dignificación das condicións laborais dos profesionais do ensino; o freo á privatización do sistema educativo; a baixada de ratios; a superación de políticas normalizadoras que contribúan á recuperación e supervivencia da lingua galega, etc.

Por estes motivos, a Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca folga en todas as etapas educativas, desde infantil ata a universidade, o próximo 9 de marzo. Así mesmo, chama a todos os sectores da comunidade educativa a apoiala.

Folga no ensino o día 9 de marzo

mércores 8 de febreiro de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia