Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais

luns 6 de febreiro de 2017

Centos de delegados e delegadas do sector público esixen fronte ao Parlamento a «recuperación dos dereitos roubados»

  • CCOO e UGT critican a falta de vontade negociadora por parte da Xunta de Galicia e presentan un recurso contra a convocatoria da mesa xeral por consideraren que «foi baleirada de contido»

Centos de delegados e delegadas do sector público desafiaron a chuvia e concentráronse fronte ao Parlamento de Galicia para esixir a recuperación dos dereitos roubados. Alí permaneceron máis dunha hora, demandando que a Xunta de Galicia acceda a negociar. Os representantes dos traballadores e as traballadoras criticaron que o Goberno galego proclame a recuperación económica ao tempo que mantén as políticas de austeridade, que tanto castigaron o persoal do ámbito público e supuxeron un gran recorte no seu poder adquisitivo.

Concentración fronte ao Parlamento para esixir a restitución dos dereitos

Concentración fronte ao Parlamento para esixir a restitución dos dereitos

CCOO e UGT, que están entre os convocadores desta protesta, iniciaron semanas atrás unha intensa campaña de mobilización para esixir a recuperación de todos estes dereitos. Precisamente, o pasado 25 de xaneiro xa houbo unha protesta similar fronte ao Pazo do Hórreo, o 31 houbo concentracións nas delegacións provinciais da Xunta e o pasado 1 de febreiro tivo lugar unha protesta do persoal sanitario fronte á sede do Sergas.

Como xa se indicou, a Xunta de Galicia proclamou que este ano sería o da recuperación, tras máis de oito exercicios de recortes de dereitos, rebaixas salariais, destrución de emprego, privatización de servizos e sacrificios sen fin. Porén, os orzamentos autonómicos para 2017 son máis do mesmo, como explica a economista de CCOO Silvia Parga nunha recente entrevista publicada na web do sindicato.

A Lei 1/2012, de medidas temporais, prorrogada nas sucesivas leis de orzamentos, prevía que a súa aplicación decaería coa mellora da situación económica de Galicia. En 2016, os datos publicitados pola Xunta confirman a mellora, polo que CCOO e UGT consideran «obrigatorio» que se restitúan os dereitos arrebatados.

Denuncian a convocatoria da mesa xeral

CCOO e UGT denuncian que a Xunta de Galicia convocou a mesa xeral como «simple formalidade» e «baleirada de contido», o cal vulnera o dereito á negociación colectiva no ámbito público. Por esta razón, ambos os dous sindicatos presentaron un recurso no que se solicita que se declare contraria a dereito a convocatoria, que se anule e que se indemnice na «simbólica» contía dun euro as organizacións sindicais.

Reivindicacións

CCOO e UGT demandan que os orzamentos de 2017 habiliten un proceso de negociación para a recuperación de dereitos roubados:

— Eliminación da taxa de reposición.
— Ofertas excepcionais de emprego en sanidade, ensino, Administración xeral e laborais.
— Recuperación real e efectiva do poder adquisitivo.
— Aplicación do V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, na súa totalidade.
— Concursos de traslados, de xeito sistemático e continuo, en toda a Administración autonómica.
— Recuperación de pactos e acordos suspendidos.
— Recuperación de dereitos suspendidos (IT, acción social, dereitos sindicais…).
— Estudo e tratamento da repercusión das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza da UE sobre o traballo de duración determinada e a súa aplicación.
 

Centos de delegados e delegadas do sector público esixen fronte ao Parlamento a «recuperación dos dereitos roubados»

luns 6 de febreiro de 2017

Ligazóns de interese relacionadas

CCOO e UGT convocan mobilizacións para a recuperación de «dereitos roubados» no sector público
Silvia Parga, economista de CCOO: «Os orzamentos da Xunta están hipotecados pola débeda e escatiman en gasto social e investimento»
Galería de imaxes

Áreas temáticas relacionadas

Áreas - Acción sindical - Actualidade
Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia