Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais

4 de Março de 2015, 17:50

CCOO mantense como segunda forza, máis próxima á primeira, e distánciase do terceiro sindicato.

CCOO obtén un gran resultado nas eleccións do sector ferroviario galego

Onte, 3 de marzo, celebráronse as eleccións sindicais nas empresas ferroviarias Adif e Grupo Renfe. Desde o Sector Ferroviario de CCOO de Galicia, dentro da moderación, consideramos positivos os resultados. Ata agora, desde as anteriores eleccións sindicais de 2011, existían tres empresas públicas no sector: Adif, Renfe Operadora e Feve. Coa integración de Feve en Adif e Renfe desaparece esta empresa, o que supón a perda dun comité de cinco membros na Coruña e un delegado de persoal na provincia de Lugo. Ademais, Renfe Operdoro convértese nun grupo de empresas coa creación no seo de Renfe Operadora de catro sociedades anónimas mercantís, manténdose a EPE Renfe Operadora como empresa matriz do grupo propietaria ao 100 % do capital das sociedades. Por estas novas circunstancias, diminúe o número de representantes nun total de seis delegados, pasando de 74 a 68, cun descenso do 8,1 %. Neste contexto, o sindicato que máis perde é a UGT cun descenso de tres delegados con respecto ao 2011, o que supón unha baixada de arredor do 17 %; CCOO perde 2 (11 %) e tamén perden cadanseu delegado o SEMAF (6 %) e o SF (6 %); mantéñense SCF e CIG e sobe un delegado a CGT.
 
CCOO reduce a diferenza coa UGT e segue sendo o segundo sindicato no ámbito de Galicia, duplicando practicamente o SEMAF, seguinte sindicato despois de CCOO. A pesar do panorama dos últimos catro anos, nun contexto de crise, con recortes de dereitos laborais e conxelación salarial, perda da paga extra do 2012, e ademais cunha campaña mediática de desprestixio dos sindicatos máis representativos, está claro que o Sector Ferroviario de CCOO de Galicia mantivo o tipo. Hai que destacar como notas moi positivas o aumento de delegados na provincia de Pontevedra e a renovación da maioría absoluta no Comité de Adif da Coruña.

CCOO obtén un gran resultado nas eleccións do sector ferroviario galego

4 de Março de 2015, 17:50

Documentos relacionados

Resultados EESS sector ferroviario

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia