Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Afíliate a CCOO!

venres 16 de xuño de 2017

Unidade sindical en Vigo para esixir o indulto de Carlos e Serafín

  • CCOO, UGT e CIG levan tres anos de mobilización para impedir que estes traballadores entren en prisión

O xoves, 15 de xuño, houbo en Vigo unha hova concentración fronte ao Museo de Arte Contemporánea (MARCO) para esixir o indulto de Carlos Rivas e Serafín Rodríguez. Os sindicatos UGT e CIG, aos que pertencen estes traballadores, así como CCOO, que se uniu de xeito solidario, levan tres anos de mobilizacións periódicas para esixir un indulto que evite o seu ingreso en prisión.

Concentración fronte ao museo MARCO de Vigo, o xoves 15 de xuño

Concentración fronte ao museo MARCO de Vigo, o xoves 15 de xuño

Carlos e Serafín foron condenados a tres anos de cárcere após identificalos a policía como integrantes dun piquete informativo na folga do transporte de mercadorías da provincia de Pontevedra do ano 2008. Para os sindicatos, estes dous traballadores, que unicamente defendían melloras no convenio colectivo que se estaba a negociar, son vítimas da represión contra todas as persoas e movementos sociais que, no libre exercicio de dereitos fundamentais, se opoñen ás políticas antisociais do Goberno.

Tres anos de «incerteza e desacougo»

Tamén participou na concentración o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento. O dirixente sindical criticou a falta de noticias sobre a situación de Carlos e Serafín, o que lles provoca a eles e as súas familias «incerteza e desacougo». «Levan tres anos agardando a que chegue o indulto, sempre co temor a que, calquera día, o que reciban sexa a notificación de entrada no cárcere», lamenta. Á vista dos feitos, Sarmiento pegúntase se será «realmente certo» que levamos corenta anos de democracia.

Unidade sindical en Vigo para esixir o indulto de Carlos e Serafín

venres 16 de xuño de 2017

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade