Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia - Compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos

venres 17 de marzo de 2017

CCOO-Sanidade reelixiu a Ángel Cameselle como secretario xeral

A federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO de Galicia celebrou o 16 de marzo, en Sanxenxo, o seu 8.º Congreso, no que Ángel Cameselle foi reelixido secretario xeral para un segundo mandato. Canda el, unha nova Comisión Executiva na que se renova a metade de integrantes e cun 70% de membros mulleres.

Nova Executiva de CCOO-Sanidade

Nova Executiva de CCOO-Sanidade

Deste xeito, integran a nova Comisión Executiva da Federación as seguintes persoas: Ángel Cameselle Corbacho, Emilia Lamas Seoane, M.ª Luz Fernández Tuñas, Celia Iglesias Franco, Ana Belén Puga Bello, Marisol Álvarez Fernández, Alfonso García Blanco e Javier González Castro.

Cameselle fixo un repaso do traballo da Federación nos últimos catro anos, así como dos retos e obxectivos para o vindeiro período. 

Por último, cabe indicar tamén que o 8.º Congreso da Federación de Sanidade de CCOO contou cunha representación da federación estatal, encabezada polo secretario xeral, Antonio Cabrera.

CCOO-Sanidade reelixiu a Ángel Cameselle como secretario xeral

venres 17 de marzo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

O teu sindicato - 11.º Congreso - Congresos de Unións e Federacións