Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia - Compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos

xoves 16 de marzo de 2017

José Manuel Ramos Varela, elixido novo secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia

Xunto con Ramos, formarán parte da nova Executiva da Federación Carmen Buján Gómez, José Emilio Doforno Guzmán, Mónica García Rodríguez, Plácido José Cazón Lamas, M.ª Carmen Rodríguez García, Fernando A. Fernández González, Carmen Botana Budiño, Ramiro Otero Rodríguez, Mar Costas Otero, Castor Fernández Soto, Nuria Rodríguez Lema e Severino Rodríguez Vázquez.

Nova Executiva da FSC de Galicia

Nova Executiva da FSC de Galicia

Unha Federación que aglutina varios sectores
 
A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO aglutina os sectores de Administración do Estado, Autonómica e Local; os sectores Postal, Aéreo, de Medios de Comunicación, Xustiza, Estradas, Ferroviario, Telecomunicacións e Mar.

O secretario xeral
 
José Manuel Ramos, de 52 anos de idade, é ourensán afincado en Vigo e provén do Sector Postal, do que era secretario xeral en Galicia. No seu discurso de clausura, Ramos subliñou que traballarán para que CCOO sexa a primeira referencia sindical de Galicia nestes sectores.

José Manuel Ramos Varela, elixido novo secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia

xoves 16 de marzo de 2017