Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas
Portada da publicación

«Galicia Sindical» n.º 58 (febreiro de 2015)

20.02.2015.

Xa está dispoñible o número 58 da publicación 'Galicia Sindical', que corresponde ao mes de febreiro. Con este número iniciamos unha nova etapa: máis páxinas e novas seccións para mellorar este órgano de comunicación e análise que construímos de xeito colectivo.

A clase traballadora, organizada en sindicatos como CCOO, é a súa mellor defensora

(GS 57) EDITORIAL - A clase traballadora é a mellor defensora da clase traballadora

10.02.2015.

É obvio que a mellor defensora da clase traballadora é a propia clase traballadora organizada sindicalmente. Con todos os matices, diferenzas e críticas pero, sobre todo, con toda a forza que dan a mobilización e a unidade. Non é esperable ningunha concesión na defensa dos dereitos conseguidos tras anos de loita; só o propio respecto e recoñecemento que esperta a nosa capacidade de mobilización. En ningunha negociación se gañarían máis dereitos ou se defenderían os que se teñen se non fose pola presión exercida polos afectados ou, solidariamente, polo conxunto das traballadoras e traballadores.

Francisco Carrera, secretario de Organización

(GS 57) As eleccións sindicais, parte da nosa lexitimación

  • Nas eleccións sindicais, a participación media é do 80 %, moi por riba doutro tipo de comicios
10.02.2015.Francisco Carrera | Secretario de Organización do S. N. de CC OO de Galicia

«O verdadeiro estratego é quen descobre un método para progresar, para fortalecer a súa posición e prepararse para o inevitable conflito. Porque o conflito, non o debemos esquecer, é inevitable» (Garry Kaspárov, xadrecista)

Mobilización de Alcoa na Coruña

(GS 57) O Goberno central defende os intereses das grandes eléctricas e non os da industria

  • A segunda poxa do incentivo eléctrico permitiu asegurar o funcionamento do sistema e a retirada do ERE de Alcoa, pero continúa a incerteza
10.02.2015.

Desde que a finais de novembro do 2014 se producira a primeira poxa do incentivo eléctrico, a Federación de Industria de CCOO esixiu unha e outra vez a corrección dos «desaxustes» detectados. Tamén pediu unha segunda repartición —á que accedeu o Goberno central, xa a finais de decembro— para minimizar o impacto negativo que o cambio de sistema lles ocasionou aos grandes consumidores de enerxía.

Militarización do metro de Barcelona durante unha folga

(GS 57) Vixencia da loita de clases

10.02.2015.Benxamín Rocha Coladas

Nos anos setenta, aínda en vida de Franco, era habitual que a policía practicara detencións por calquera motivo: todo estaba prohibido. Nunha ocasión en que, por mor das folgas obreiras e estudantís, militarizaran fábricas e pecharan universidades, un pai, desesperado porque lle detiveran un fillo acusándoo de terrorismo, espetoulle ao comisario de policía: «A diferenza entre o pobo e vostedes é que os civís poden ser militarizados, pero os militares non poden ser civilizados!».

Portada da publicación

Galicia Sindical n.º 57 (xaneiro de 2015)

30.01.2015.

Xa está dispoñible o número 57 da publicación 'Galicia Sindical', que corresponde ao mes de xaneiro. O asunto máis destacado na portada son os acordos asinados en Galicia para mellorar a empregabilidade dunhas 60.000 persoas no noso país. Esta información desenvólvese nas páxinas interiores mediante un artigo da secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza.

Maica Bouza Seoane, secretaria de Emprego e Institucional de CCOO

(GS 57) Novos froitos do diálogo social en Galicia

  • Arredor de 60.000 persoas se beneficiarán dalgunhas das medidas pactadas polos axentes sociais
10.02.2015.Maica Bouza | Secretaria de Emprego e Institucional do S. N. de CCOO de Galicia

O pasado 14 de xaneiro, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, a UGT, a patronal CEG e a Xunta asinamos as liñas básicas para o desenvolvemento en Galicia do Programa de Garantía Xuvenil e as liñas complementarias do Programa Extraordinario de Activación para o Emprego.

Xesús Castro, secretario de Acción Sindical de CCOO de Galicia

(GS 57) As profundas lagoas da reforma laboral

  • Transcorridos tres anos desde a súa aprobación, a reforma laboral continúa a sementar dúbidas debido á súa falta de rigor técnico
  • Unha recente sentenza do Supremo bota algo de luz sobre unha delas e apunta que facer cando queda derrogado un convenio e non hai outro de ámbito superior
10.02.2015.Xesús Castro Baamonde | Secretario de Acción Sindical do S. N. de CCOO de Galicia

A negociación colectiva segue conxelada, en liña coas temperaturas que estamos vivindo en Galicia por estas datas. O malo é que o termómetro das mesas de negociación non ten visos de recuperarse e todo apunta a que se manterá nuns parámetros moi baixos, do mesmo xeito que en 2014: marcados polo bloqueo.

Violeta Esteban, secretaria de Saúde Laboral e Medio Ambiente de CCOO

(GS 57) A nova lei de mutuas e a «torta» para repartir

10.02.2015.Violeta Esteban | Secretaria de Saúde Laboral do S. N. de CCOO de Galicia

Meses atrás afirmaba que a fonda crise que sofren a cidadanía e as traballadoras e traballadores deste país desde hai uns anos supuxo asemade unha oportunidade de negocio e un mundo novo de experiencias e innovacións tanto para as empresas como para certa clase política, especialmente no que atangue ao mercado de traballo e ás relacións laborais. Grazas ao PP, sepáranos só un paso do modelo liberal capitalista americano e do modelo empresarial asiático.

(GS 57) Tallar as árbores

10.02.2015.X. Rodríguez

Aínda estou abraiado após ler no diario dixital 'praza.gal' que «un terzo da mocidade tolera o control na parella e culpabiliza as vítimas de violencia machista». Este preocupante titular antecede unha completa información sobre o estudo que elaborou a Universidade Complutense de Madrid (UCM) a instancias da Delegación do Goberno central para a Violencia de Xénero.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: